A Xunta equiparará a educación libre das fillas a unha situación de desamparo

O Parlamento está a piques de aprobar unha nova lei de apoio á familia e a convivencia.
http://pumarios.blogaliza.org/2011/04/11/aprobado-o-anteproxecto-de-lei-de-apoio-a-familia-e-a-convivencia-de-galicia/
 
.
Queremos pedir a vosa colaboración para mudar o texto do proxecto desta lei
.

Precisamos cambialo para non quedar nunha situación de indefensión tanto os proxectos educativos non oficiais como as familias que educan na casa.

O proxecto de lei entrou xa no Parlamento de Galicia e, de momento, o que propoñemos facer é deixar mensaxes para as/os parlamentarias/os na web do Parlamento de Galicia / participación cidadá en:

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/ContenidoGal/pargal_PC_Discusion_Detalle.aspx?ID=20110406104003&title=Proxecto%20de%20lei%20de%20apoio%20%C3%A1%20familia%20e%20%C3%A1%20convivencia%20de%20Galicia

Propoñemos introducir esta mensaxe:

As persoas:

Quero que se cambie o texto do Artículo 52. Situacións de desamparo no que se refire a escolarización polo seguinte:

i) A falta de escolarización habitual da/o menor, sempre e cando a devandita falta de escolarización non fose decisión voluntaria das/os progenitores co fin de educar ás súas fillas/os no fogar ou en sistemas alternativos, que garantan o dereito á educación.

Os colectivos:

Queremos que se cambie o texto do Artículo 52. Situacións de desamparo no que se refire a escolarización polo seguinte:

i) A falta de escolarización habitual da/o menor, sempre e cando a devandita falta de escolarización non fose decisión voluntaria das/os progenitores co fin de educar ás súas fillas/os no fogar ou en sistemas alternativos, que garantan o dereito á educación.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

proxecto fiare galiza