Xornadas internacionais de Economía Social

Os días 13 e 14 de xuño terán lugar en Santiago de Compostela as Xornadas Internacionais de Economía Social de Traballo e Consumo, organizadas pola CIG en colaboración coa Federación de Cooperativas SINERXIA.

Dende ARBORE pensamos que estas xornadas poden ser unha boa oportunidade de dar a coñecer os valores do cooperativismo e a nosa contribución á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. A posta en marcha dos nosos proxectos de banca alternativa e de consumo consciente descansa en gran medida no coñecemento que a sociedade teña da economía social. As xornadas serán unha mostra de experiencias coperativas de diferentes países do mundo.

Por iso pedímosche que participes nas xornadas e que animes a outras persoas do teu contorno a facelo tamén. Toda publicidade que poidas darlle será benvida.

As xornadas estarán centradas en experiencias de traballo e de consumo. Esperamos que sexan unha oportunidade de encontro para a Rede de Consumo Consciente que estamos a manter unha liña de traballo común. En setembro está previsto facer unha edición destas mesmas xornadas, centrándose en vivenda e en crédito, polo que sería ben recoller as suxestións que poidades facer desde a Proxecto de Banca Etica.

O aforo será de 145 persoas e gustaríanos que a representación das entidades de consumo consciente e de banca ética fora significativa, de en torno a 30 persoas, de forma que os debates e intercambios foran tamén moi ricos, e que se convirta nun espazo onde poidamos encontrarnos e afianzar os nosos lazos.

Por iso facémosche unha invitación moi especial para que participes. Adxuntamos o programa.

Envía canto antes un correo electrónico a sinerxia@sinerxia.org indicando o teu nome, teléfono, enderezo electrónico e entidade á que pertences, para que tramitemos a túa preinscrición. Reservaranse prazas por orde de solicitude.

AdxuntoTamaño
ATT00011.pdf63.95 KB

 

proxecto fiare galiza