Xornadas "Hai Pontes" / 10 - 13 de Maio

Hai pontes...

... que permiten atravesar un río ou un abismo. Hai pontes que serven para unir dous puntos sempre separados. Pontes que serven para manter a tensión necesaria dunhas cordas para que poidan crear música. Pero tamén hai pontes que serven para establecer a continuidade dun circuíto eléctrico interrompido. Hai pontes que se crean a través do tempo entre dous días festivos e pontes que nos curvan o corpo. Hai pontes, tamén, de pedra, madeira ou cristal. Hai pontes que ligan momentos e lembranzas tan afastados, e pontes que unen elementos a millóns de quilómetros que parecen que non están separados. E, dende logo, hai pontes que salvan diferenzas que un día pareceron imposibles.

“Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco” son unhas xornadas que se desenvolverán en Vigo do 10 ao 13 de maio de 2017 e que pretenden:

  • reflexionar sobre os espazos de confluencia posibles entre o mundo das artes escénicas e o do activismo social.
  • analizar as feblezas e fortalezas da acción social e a acción cultural.
  • crear un espazo dinámico onde se amosen diversos xeitos de interacción no medio social.
  • cavilar sobre as artes escénicas como ferramenta de cambio social, e do activismo como mecanismo de troco cultural.
  • debater sobre os procesos de construción social e cultural.

 

+info

 

proxecto fiare galiza