Este sábado 19 de decembro, a asociación de consumo responsábel de Redondela, Loaira, vai organizar unha feira de troco nos soportais da Casa do Concello (no centro de Redondela) a partir das 11.00 horas.
A idea é, ademais de cambiar obxectos e xoguetes que poden servir de agasallos, reflexionar un pouco sobre as datas que se achegan.
A feira de troco pode ser un simple acto testimonial e simbólico, pero tamén pode ser un momento para reflexionar sobre a voráxine que se achega nestas datas, para decidir se nós, queremos ou non subirmonos a ese carro.
Bon, vémonos o sábado e compartiremos e reflexionaremos xuntas.
