Xornadas de Reflexión Política: Pensando Árbore

A xornada será o día 27 de marzo na Casa da Cultura de Gondomar.

A documentación final xa está na parte privada de arbore.org

O horario da xornada é de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00.
Quedamos ás 10.15 en Árbore como punto de encontro e de partida.

Para o xantar, cada quen levará comida para compartir cas demáis socias e socios.

Precisamos que confirmes a túa asistencia se aínda non o fixeches, a través de correo electrónico a info@arbore.org ou na cooperativa. Se tes carro e queres compartilo con máis xente especificao no mail.

En breve enviarase por correo postal a carta coa documentación final que inclúe un breve informe técnico sobre aspectos diversos dos temas a tratar. Dende o Consello Reitor pedimos encarecidamente que a xente lea detidamente a documentación para Xornada (é aconsellable levar unha copia impresa).

Se alguén quere obter unha información máis detallada poderá pasar este mercores (día 16) ou o que ven (día 23) de 18.00 a 19.00 pola cooperativa e resolveremos todas as túas dúbidas.

¿Por qué é importante esta xornada de traballo?

É a primeira vez na historia da cooperativa, dende a Asembela Constituínte, onde a Cooperativa fai reflexión colectiva en asemblea aberta sobre tódolos aspectos económicos da mesma. Unha xornada para profundizar en moitos aspectos importantes da nosa existencia como proxecto empresarial.

Asistir a xornada significa simplemente actuar de primeira man na democracia protagónica, tan devaluada no actual sistema social e económico imperante.

Non hai maior erro que non facer nada porque só se poda facer un pouco.


 

proxecto fiare galiza