Xornadas Consumo Responsable / Salceda de Caselas, 25 e 26 de Novembro

Estimad@s, Dende a ACDE TrezeCatorze de Salceda de Caselas queremos invitalos a participar nas xornadas que imos celebrar os próximos 25 e 26 de novembro no marco da convocatoria Educación para o Desenvolvemento da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
O sábado 25, a partir das 17h no Centro Cultural A Devesa, falaremos dos Sistemas Participativos de Garantía e, as 20h, presentaremos da man do seu director a curta “Planeta Azúcar”.
O domingo 26 de novembro, neste caso as 11 h no Auditorio do Concello, falaremos sobre custodia do territorio como ferramenta preventiva de incendios. Ambas actividades contarán paralelamente con servizo de coidado e obradoiros infantís.
Para máis info sobre estas actividades poden consultar o seguinte enlace e adxuntamos carteis. Desexando que sexa do seu interese, esperamos coincidir nalgunhas destas xornadas.
Atentamente

AdxuntoTamaño
spg_2.png441.57 KB

 

proxecto fiare galiza