Unha Europa sen ideas nin futuro propón a xornada laboral de 65 horas

Unha volta as cavernas e unha agresión mais dos grandes oligopolios europeos e as grandes fortunas á sociedade civil.
Resulta escandalosa e completamente irresponsable a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas.
Esta medida, é unha mais do paquete de medidas de apoio ás grandes corporacións e grupos de poder, e levanos na senda das etapas mais duras do capitalismo do século XIX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados.

A intención de aumentar até as 65 horas o tope da xornada semanal está na linea dos novos gobernos populistas, da unha imaxe real da dirección da Economía, nunha etapa de crise que beneficia enormemente a uns poucos que obteñen beneficios record coa complicidade dos gobernantes e está a empobrecer enormemente aos traballadores, aos xovenes e aos colectivos mais desfavorecidos.

Resulta altamente preocupante a falla de resposta e capacidade dos partidos de centro e ezquerda, sen liderazgo e sen ideas. Este deixarse levar cuestiona todo o modelo Europeo e o traballo e sacrificio de millóns de cidadáns europeos que tiñan principios éticos e traballaron por unha Europa digna

O aumento da xornada semanal até as 65 horas aumentará a precaridade laboral, marxinará aos xoves e os alonxará do dereito a opter un traballo digno, aumentará a siniestrabilidade, dificultará enormemente a atención aos fillos nas familias, e paradoxicamente perxudicará enormemente a capacidade de supervivencia das Economias locais e ao microempresario a medio prazo, pois empobrecerá ás clases medias e baixas mermando a súa capacidade adquisitiva. ...pero eso sí beneficiará brutalmente ás grandes corporacións e aos grandes empresarios ineficientes que salvarán a conta de resultados, non mediante a imnovación , nen coa calidade, senón grazas á explotación laboral.

Se o parlamento Europeo aisna este acordo, estamos seguros de que será o principio do fin da Unión Europea e das economías abertas , pois amplas capas da poboación que ven como está a caer a sua calidade de vida buscarán no proteccionismo a defensa dos seus intereses.

Esperemos que estas medidas logren abrir os ollos aos consumidores, aos traballadores/as e ao conxunto da sociedade civil e logremos frear os grandes privilexios e os enfermizos beneficios das grandes corporacións e o capital financeiro.

fonte: Briante

 

proxecto fiare galiza