*Amigos da Terra *en colaboración coa *Fundación Biodiversidad,*
organiza o vindeiro martes 27 de maio, unha xornada técnica sobre Zonas
Libres de Transxénicos (ZLT) no *Pazo da Cultura de Pontevedra.*
Fai dez anos que os organismos modificados xenéticamente (coñecidos como
transxénicos) autorizáronse no Estado, sen que se producise un amplo
debate social sobre a conveniencia de introducir esta tecnoloxía na nosa
agricultura e alimentación.
Desde entón, son moitos os municipios e rexións españolas e europeas que
apostaron por intentar dar unha resposta desde as administracións locais
para afrontar estes novos retos.
As implicacións da introdución dos transxénicos son demasiadas e merecen
un amplo debate e reflexión. É a nosa saúde, medio ambiente, economía, a
imaxe e a calidade da produción agraria o que está en xogo.
Esta xornada está dirixida principalmente ás e aos representantes e
técnicos/as dos concellos, así coma ás diferentes asociacións sociais,
veciñais, culturais, ecoloxistas, sindicatos e partidos políticos da
provincia de Pontevedra, e tamén está aberta a participación ao público
en xeral, aos que Amigos da Terra convida a participar nesta xornada que
ten coma *obxectivo informar sobre a problemática transxénica *existente
neste momento, así coma *das solucións *que os diferentes participantes
aportarán.
O obxectivo último desta xornada e conseguir que cada vez sexan máis os
*municipios galegos *que se *declaren ZLT*.
Para iso presentamos e difundimos o documento “*Guía práctica sobre
zonas libres de transxénicos*”, e contaremos coa presenza de
representantes de concellos en trámites de declaración coma ZLT.
Esta xornada técnica do 27 de maio, é unha acción máis da Campaña
Internacional sobre Zonas Libres de Transxénicos de Amigos da Terra, que
ven pedindo a declaración de *Galicia *coma Z*ona Libre de
Transxénicos.* Xúntase o programa co horario e ponentes.
10:00 Recepción e entrega de documentación:
10:10 Benvida.
10:20Impactos dos transxénicos.
David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra
10:50 O agricultor fronte aos transxénicos.
Charo Sánchez Parga, Responsable de Transxénicos do Sindicato Labrego Galego
11:10 O consumidor fronte aos transxénicos.
Agatha Broeskamp. APEGA (Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia)
11:30 Café e almorzo ecolóxico.
12:00 Mesa redonda con representantes de concellos ZLT.
12:40 Zonas Libres de Transxénicos.Exposición e debate.
Analía Moares, Campaña ZLT (Zonas libres de Transxénicos) Amigos da Terra
13:30 Fin das Xornadas.