Xornada: O fomento da intercooperación a través de mercados de economía social e solidaria

É unha actividade que forma parte dun programa estratéxico de traballo plurianual, que tenciona potenciar a intercooperación, a través de mercados de economía social e solidaria, nun escenario galego no que existen organizacións, colectivos sociais e persoas interesadas en promover proxectos que cren, desenvolvan e consoliden o funcionamento de mercados sociais.
O programa ten como meta acadar resultados e froitos nesta liña de traballo, como serían, coordinarse con cooperativas e outras organización e colectivos da economía solidaria para a articulación en Galicia de redes de intercooperación para por en marcha mercados desta índole, ou dinamizar un plano de traballo para crear e desenvolver iniciativas neste ámbito.

Non só se divulgará e se intercambiarán experiencias ao redor do mercado social, contando para elo con:

ARÇ Cooperativa , cooperativa catalá de servizos á economía social e solidaria.

REAS  Aragón , asociación de empresas e entidades da economía solidaria aragonesa e de persoas comprometidas co seu desenvolvemento.

INTERCOOP cooperando na rede, é proxecto de estudo para a innovación TIC en cooperativas de traballo asociado e outras organizacións de carácter asociativo en GZ.. Impulsado polas cooperativas Intergal e Cidadanía en colaboración coas asociacións de cooperativas Sinerxia e Ugacota.

¿Por que pode interesar asistir a esta xornada?

Por coñecer o mercado social e as prácticas de cooperación

Por coñecer experiencias de mercados de economía social e solidaria en funcionamento

Para participar no fomento da creación de redes de cooperación no ámbito dun mercado social en Galicia

Para participar no impulso dun proceso de maduración a través dun grupo de traballo para desenvolver iniciativas de mercados de economía social e solidaria en Galicia

Por coñecer as vantaxes da intercooperación, para organizar estratexias de mercados sociais, ou contruír instrumentos e ferramentas que nos acheguen, e nos faciliten o apoio mutuo

Por coñecernos mutuamente entre entidades e persoas interesadas nos procesos de mercados de economía social e solidaria, de cara a xerar a confianza favorecedora de alianzas e redes de traballo, de experiencias de traballo, tamén coñecer intereses e necesidades,  ou analizar e debater as pautas de funcionamento dun mercado social en Galicia, entre outras

O lugar de celebración: Pazo da Cultura de Pontevedra,
A data: xoves 4 de novembro, 10.00 - 14.00 horas
Inscripción: antes do 2 de novembro en info@arbore.org . É de balde

 

proxecto fiare galiza