Xabón ecolóxico a granel na cooperativa

Para finais deste mes de setembro introduciremos xabóns a granel de Naturavia, o laboratorio de cosmética ecolóxica de Galicia , cuxos compoñentes son biolóxicos e 100% naturais (é dicir, nada de derivados sintéticos ou petro-químicos). Coa introducción do xabón a granel conseguimos abaratar o prezo do xabón nun 20%, eliminar envases innecesarios e servir a cantidade que cada persona estime oportuna.

¿Sabías que?

Naturavia garante polo menos un 40% de compoñentes ecolóxicos dentro dos seus xabóns e en toda a súa liña cosmética, algo que non poden dicir as grandes marcas de cosmética natural. O ter máis contido de compoñentes ecolóxicos e ao ser unha producción artesanal o prezo é un pouco maior que outras marcas estranxeiras, que moitas veces basean unha parte do seu éxito no packaging, promoción e imaxe corporativa.

Xabón de calendula - Naturavia

 

 

proxecto fiare galiza