Voltan os obradoiros de cociña sostible e saudable

Con esta primeira quenda de actividades arrinca o "curso 2021-2022".

>Este mes de outubro, ademais dos obradoiros de cociña,  incluímos unha charliña que moitos de vós nos pedistes sobre os hidratos de carbono. Os contidos da mesma amplían e complementan  a charla sobre nutrición e alimentación sostible o vindeiro domingo 17 de outubro, enmarcada dentro do II Ciclo de Obradoiros de Agricultura Orgánica "Bokashi" (se vos interesa, tedes toda a info e axenda de Bokashi aquí)

>Lembrade que os obradoiros teñen unha data límite de inscrición que poderedes consultar no propio formulario de pre-inscrición

Deixámosvos o cartel con máis info, dende o cal poderedes ademais  facer a reserva de praza.

 

Adianto dos contidos de novembro...


>Logo do pan xerminado de sarraceno e o kombucha,  o próximo mes ampliamos o repertorio de fermentados con Kimchee :D... Adaptamos o longo método tradicional coreano para preparar un kimchee (ou kimchi) de sabor explosivo en menos dunha hora e cheo só de cousas boas ademais do efecto probiótico...(máis no vindeiro boletín)
>Repasaremos/aprenderemos os principios para producir verduras fermentadas (pickles e chucrut). Un básico na cociña sostible e saudable:  probióticos caseiros, baratos, doados e deliciosos, con ingredientes comúns!
> Especial Nadal Vexetal (3 días):  pratos principais, petiscos, bebidas e doces para as festas (non só Nadal). máis saudables e sabrosas. P
erfectos para organizar de véspera e desfrutar da compaña dos teus, serán ideas, coma sempre 100% vexetais, e sen glute..

Grazas ;)
...coma sempre, polo voso tempo e interese.


Lembrarvos que estamos á vosa disposición para dúbidas sobre os contidos, propostas e comentarios en consultascocinha@arbore. org.


Aburiño!


 

proxecto fiare galiza