Voltan os obradoiros con repostería caseira, vegana e sen glute

Os dous meses próximos chega un  ciclo de obradoiros moi solicitado: repostería sen azucre e sen glute, que demos en chamar o FORNO NATURAL.


Nesta primeira parte, porque virán máis, moitos dos contidos se complementan,  axudan a  entender os seguintes; por este motivo plantexámolo coma un ciclo de tres obradoiros.
Impartiranse en sábados non consecutivos: así poderedes poñer en práctica o aprendido e comentalo na clase seguinte.


Como novidade, incluiremos algún material audiovisual  complementario para afondar en temas coma os tipos de adozantes naturais en relación coa saúde.

O obxectivo é que ao rematar poidades producir os vosos propios bolos, bolachas, muffins...controlando ao máximo a calidade dos ingredientes e axeitándoos ás vosas necesidades e medios (simplificamos ao máximo os procesos para aforrar tempo e esforzo)

Se che interesa, podes facer a reserva dende aquí.
 
 
AdxuntoTamaño
o_forno_natural_1_.pdf1.71 MB

 

proxecto fiare galiza