Viño albariño CORISCA

A adega xurdiu no 2005, no afán de reflectir un proxecto e unha tradición familiar de fai máis de trinta anos. A sociedade constituíuse por catro membros dunha mesma familia que apostaron e apostan por unha idea clara, facer un viño de calidade.
A tradición familiar vén polo patriarca da familia, que comezou xa fai trinta anos, plantando viña albariña na zona denominada do condado da denominación de orixe Rias Baixas en aproximadamente 2 hectareas. Esta fascinación por facer viño contaxiouse a toda a familia, que seguían elaborándoo ano a ano da forma máis tradicional pero para consumo propios, xa que o viño facíase para familia e amigos; vendendo a uva a outras adegas xa creadas da denominación de orixe Rias Baixas.

Viñedos de Corisca
Vista xeral dos viñedos

O salto deuse no 2005, cando se materializou un proxecto que viña cocendo lentamente, facer e comercializar un viño de calidade pero así mesmo apostando por un método
tradicional "como sempre se viña facendo" e iso plasmar en pretender unha perfecta integración do agricultor co medio que lle rodea. Esta idea de conservar a natureza e cultivar con ela e non contra ela, é o que lles fixo apostar pola agricultura ecolóxica. Certificamos os nosos terreos como agricultura ecolóxica, tendo que pasar un tempo de conversión de tres anos para poder acreditar a súa uva como ecolóxica nas leiras nas que xa tiñan a plantación feita; e nas outras que se adquiriron posteriormente xa se iniciou a súa plantación coa certificación de uva ecolóxica. A primeira produción de uva ecolóxica conseguiuse en setembro de 2008.

Así con todo iso, naceu a marca CORISCA, que fai referencia o nome ao que así mesmo leva a primeira das leiras nas que se plantou albariño, e cuxa significado é que fai un vento tempestuoso con choiva e saraiba, e tentan así mesmo reflectir este simil na etiqueta da botella.

Interior da Bodega Corisca
Vista xeral da sala de embotellado, totalmente artesanal

Nome e significado, que lles parece máis que acorde nas nosas terras galegas, onde a agricultura ecolóxica é unha loita constante contra as inclemencias climáticas e continuas
orballos da nosa bela terra. Na instalación da adega, apostouse por restaurar unha casa solariega tipica galega, seguindo así apostando por integrarse no medio que nos rodeaba; creando unha adega cunha capacidade de 15.000 litros.
Así na actualidade posuen 4 hectareas en propiedade, das que siguen o seu control de maneira directa esixíndose a sí mesmos que a materia prima sexa excelente, para
continuar o seu proceso na elaboración coa maior tecnoloxía e avances, todo iso dirixido coas boas directrices marcadas polo seu etnólogo.

Este ano sacaron á venda por primeira vez o seu viño, correspondente á colleita de setembro de 2009, e cunha pequena produción de 6.000 botellas.
Presentan un viño elaborado con uva albariño 100%, con Denominación de orixe Rias Baixas e certificado polo CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica) tanto nos
viñedos (desde o 2008) como na industria de elaboración de viño (2009).

+info: http://www.bodegascorisca.com/

 

proxecto fiare galiza