O sábado 1 de outubro facemos unha festa para celebrar o XV Aniversario da nosa cooperativa. Árbore cumpre 15 anos!!
Como che vimos adiantando, estamos a preparar con moita ilusión esta xornada. Reserva este día na túa axenda para compartir coas compañeiras/os de cooperativa unha xornada con palestras (Reas, A Gavela, Carmen Freire), a música de raices balcánicas da Fanfarria Taquikardia, proxeccións, obradoiros...e moitas cousas máis! (podes descargar o cartel-programa ao final desta noticia). Nesta ocasión especial, varias das nosas produtoras visitarán a cooperativa para explicarnos un pouco do seu traballo e os produtos que consumimos.
A festa farémola no noso local, aberta para todas/os as que queiran compartir connosco a xornada. As actividades serán todo o día, dende as 11:00h da mañá ata as 20:00h, polo que agardamos que se non podes todo o tempo, nos acompañes polo menos un anaquiño.
A Escola Semente organizará obradoiros moi divertidos para as cativas. Apúntate se queres que participen neste enderezo electrónico: eva.gil@arbore.org para poder coordinarnos mellor.
Faremos un xantar común, como xa é costume nas nosas xuntanzas, trae algo para compartir! Lembra que ademais poderás probar a cervexa artesá que elaboramos especialmente para este día! E moitas cousas máis!!
A Comisión Social
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cartel_xv_aniversario.jpg | 72.84 KB |