Troco de iogures Cantero de Letur

Dende a comisión de compra-vendas propoñemos o troco dos iogures ecolóxicos de cabra de Cantero de Letur a Suerte Ampanera. As razóns do troco son:

  • Fabrican a marca blanca de iogur ecolóxico de Carrefour, que ten un prezo "agresivo". Compran leite de cabra doutras explotacións, incluso de Murcia, estando eles en Castilla La Mancha.
  • Venden en grandes superficies: Carrefour, Alcampo e El Corte Inglés.
  • Esta claro que pode ter xustificación o feito de que cos excedentes, coa maquinaria que teñen e mercando leite de fóra, teñan que producir máis, pero non é un modelo que lle guste a Árbore e polo tanto se hai alternativas no mercado intentaremos trocar.

Como temos alternativa facemos o troco a Suerte Ampanera:

É un mediano proxecto onde traballan de forma fixa tres personas nunha fórmula xurídica de Comunidade de Bens. Levan 12 anos producindo ecolóxico. Non traballan con grandes superficies, nin pola experiencia queren facelo nun futuro. Sí, de forma puntual con algún El Corte Inglés de Madrid, pero coa condición de que eles marcan o prezo que cobran. Non teñen ánimos expansionistas. Están máis perto de Árbore, no parque natural de Colmenar Viejo en Madrid.

O prezo PVP será o mesmo ou como moito +0,03 €

Dicir, que o troco non implica que dende Árbore non se valore o traballo que fai El Cantero de Leutr a prol dun modelo de producción ecolóxico, pero consideramos que nós tamén temos en conta o modelo de crecemento e o modelo de distribución, se ben a realidade é complexa, a vía fácil sempre é recurrir as grandes superficies como medida irresponsable de crecemento empresarial.

Ante esta decisión establecemos ate o 1 de abril para que as socias que así o desexen, fagan as consideracións que consideren oportunas.

Comisión Compra-Vendas

Comentarios

miguel.lima Xov, 11/03/2010 - 10:20

A min paréceme ben, si os productos son os mesmos, ¿todo o que nos ofrece Cantero de Letur tamén está disponible en Suerte Ampanera? Outra cousa, ¿Suerte Ampanera usa envases de vidro ou de plástico?

Saúdos

Miguel

miguel.lima Xov, 11/03/2010 - 10:20

Outra, ¿onde son producidos os de Cantero de Letur e onde os de Suerte Ampanera? ¿de onde é o leite?

Saúdos

Miguel

miguel.lima Xov, 11/03/2010 - 10:20

E por certo, gracias por investigar para seguir avanzando no camiño de que os produtos de Árbore sexan o máis coherentes posible cos obxetivos da cooperativa. Tamén obrigado por compartir a información coas socias para poder opinar entre todos/as e poder decidir cal preferimos.

Saúdos

Miguel

arbore Xov, 11/03/2010 - 10:20

A idea é sempre procurar das mellores alternativas dentro dos nosos criterios.

Cantero de leutr, queda lonxe dos seus comezos, tendo un modelo de producción expansionista e con clara vertente capitalista. Outra cousa é que crean na agricultura ecolóxica e desfruten do seu traballo, xeneren riqueza onde naceron, etc. Pero dende Árbore temos que ter unha visión integral dos nosos productos. Non queremos que as productoras só crean na agricultura ecolóxica, tamén que crean na distribución en canles alterantivos ou máis tradicionais que as grandes superficies. Apostar polas grandes superficies é sen dúbida apostar por un modelo antagoníco o que denfendemos nós e polo tanto se existen alternativas, hai que adquirilas.

Cantero de Letur ten producción propia de leite e merca tamén noutras explotacións, sobre todo de localidades de Castila La Mancha e algunhas de Murcia.

Suerte Ampanera ten exclusivamente producción propia na serra de Colmenar Viejo en Madrid. Engaden valor as súas materias primas, nada máis. Ademáis só traballan con envases de vidrio.

miguel.lima Xov, 11/03/2010 - 10:20

Gracias pola información! Penso que por min xa non preciso nada máis :P

Eu estou dacordo co cambio.

Apertas

Miguel