Transxenicos

Os transxenicos son organismos creados artificialmente en laboratorio, ao introducir xenes dunhas especies noutras. Así se obteñen seres vivos que non existirían de forma natural. é un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados.
Ameazan a nosa saúde: Falta investigación para coñecer todos os danos que poden ocasionar, polo que algúns cultivos autorizados prohibíronse posteriormente. Provocan novas alerxias e resistencia a antibióticos. Varios estudos demostran problemas de fertilidade, toxicidade en ril e fígado.

Deterioran o ambiente e a vida silvestre. Máis do 80% dos cultivos transxénicos son tolerantes a herbicidas, polo que se incrementa o seu uso. O resto son plantas con propiedades insecticidas que tamén afectan á fauna beneficiosa.
Producen contaminación xenética. Os caracteres transxénicos contaminan outros cultivos. A coexistencia coa agricultura familiar, tradicional ou ecolóxica, é imposible.

Non solucionan a fame no mundo, agrávana. Só catro empresas biotecnolóxicas controlan o 90% do mercado dos transxénicos. Os agricultores/as non poden gardar as súas sementes e perden a súa autonomía e liberdade. Estas empresas venden a semente e o produto químico asociado, todo lles pertence.

Democracia alimentaria. Consumidores/as e agricultores/as temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e decidir como e onde se producen os nosos alimentos e reconstruír os vínculos entre o campo e a cidade.

En Aragón atópase a maior superficie de transxénicos de toda a Unión Europea. Moitos países prohibíronos, pero España segue facilitando a súa expansión.


 

proxecto fiare galiza