Documentais

A guerra da soia

Zeitgeist II: Addendum

¿Qué comemos hoxe?

Os grupos economicos dominantes non poden xa silenciar a discusión sobre os alimentos transxénicos , a traves dos medios masivos da comunicación que tamén pertencen ou están comprometidos con eles baixo unha forzosa " obediencia debida", venden a falsa idea que esta comida frankeinstein é saudabel e nutritiva, e é solución aos problemas de fame no mundo, namentres estes organismos xeneticamente modificados que sacan proveito da ignorancia da xente para impoñer produtos nocivos á saúde.

¿Qué diaños lle botan a leite en America?

¿Que dirías se soubeses que tanto o leite e os seus derivados (yogurt, queixo, manteiga) como a carne de tenreira, polo, porco e peixes criados en granjas, conteñen unha hormona deseñada para animais bovinos co fin de aumentar a súa produción de leite e carne, e que ao pasar ao ser humano, pode provocar grandes danos á saúde?

Documental HOME

Estamos vivindo un periodo crucial. Os científicos dinnos que só temos 10 anos para cambiar os nosos modos de vida, evitar de esgotar os recursos naturais e impedir unha evolución catastrófica do clima da Terra.
Cada un de nós debe participar no esforzo colectivo, e é para sensibilizar ao maior número de persoas mostramosvós este documental.

Wall Mark - O alto custe dos precios baixos

Sí, cecais estamos moi concienciadas, cecais somos consumidoras conscientes, pero cecais debemos ter a maior información posibel para poder argumentar e fortalecer as nosas creencias, posto que detrás dos nosos actos de consumo atopase a ferramenta máis poderosa de transformación social. (sem olvidar a reinvindicación política, o seu piar simbiótico e indisolubel)

Somos predeciblemente irracionais

Cando tomamos decisións cremos que temos o control e facemos eleccións racionais, pero ¿é así? ¿Temos realmente o control sobre os nosos actos, sobre como xestionamos o noso diñeiro, o noso tempo, as nosas enerxías e os nosos afectos. Gústanos pensar que sí, pero Dan Ariely, profesor de psicología do consumo do MIT e autor do libro "As trampas do desexo", pode demostrar que non somos tan donos das nosas decisións.

Vida simple e decrecemento

Roupa Limpa