A cooperativa MILHULLOA - www.milhulloa.es ,fainos unha SOLICITUDE DE APOIO, para que se sumen aquelas persoas e organizacións que así o consideren, enviando unha carta ao Ministro de Fomento, José Blanco López, solicitando a modificación do trazado do acceso a Palas de Rei da autovia Lugo-Compostela que ten previsto pasar á beira da súa leira.
A cooperativa MILHULLOA, como moitas sabedes, produce en ecolóxico, polo que lle suporía un importante prexuízo que pon en cuestión a cualificación obtida do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), ou cando menos, destinar parte do seu terreo en produción a espazo de seguridade.