Presentación de Claude Aubert sobre alimentos convencionais vs alimentos ecolóxicos

APEGA (Asociación de Produtor@s Ecolóxic@s de Galicia) envíanos unha presentación dunha conferencia de Claude Aubert sobre alimentos convencionais e alimentos ecolóxicos.

O meu nome é Luis "Ferreiro"

Dende o ano 2010 veñense facendo presentacións por toda Galicia do documental: O meu nome é Luis "Ferreiro". Este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo. Todo elo contado a través da historia persoal de Luís González "Ferreiro" (socio da cooperativa Árbore).

O punto de cesión de Árbore cheo de calidade

Vimos de recibir no punto de cesión a primeira novela (e esperamos que única) de Sylvester Stallone.

Dende logo que Stallone sempre nos sorprende :)

 

http://www.arbore.org/contido/temos-ponto-de-cesion

Descubre que hai detrás dunha barra de pan

Christian Parenti, autor de Tropic of Chaos: Climate Change and the New Geography of Violence (Nation Books), editor colaborador da revista Nation e Socio escritor da City University of New York

A resposta é: moito máis do que se poida imaxinar. Para empezar, esa barra pódese "interpretar" coma se fose unha mostra básica extraída do corazón dunha sombría economía global. Vista doutro xeito, revela algunhas das liñas de falla cruciais da política mundial, incluíndo as orixes da primavera árabe que agora se converteu nun verán de descontento.

As multinacionais etiquetarán a soia transxénica como soia "responsable"

Case toda a carne non orgánica, ovos e lácteos que venden os supermercados proceden de animais alimentados con soia xeneticamente modificada. É importante que o saibas, pois isto non se informa nas etiquetas. Aínda peor, esta soia pronto empezará a ser etiquetada como "responsable". [Seguir lendo]

Consumes ou devoras

O consumo... cantas veces escoitamos da importancia do consumo... “a economía se paraliza porque se estanca o consumo”... “o paro se reduce grazas ao aumento do consumo”... “vou a ter que pechar o bar porque a xente non me consume”...

En nome do consumo, convertido en fin en si mesmo, reducimos voluntariamente a vida útil dos obxectos útiles e necesarios, creamos a necesidade de consumir obxectos inútiles e superfluos, derivamos grande parte dos recursos da economía na publicidade, inventamos a idea do consumidor eternamente insatisfeito, ...

Solicitude de apoio da Cooperativa Milhulloa

A cooperativa MILHULLOA - www.milhulloa.es ,fainos unha SOLICITUDE DE APOIO, para que se sumen aquelas persoas e organizacións que así o consideren, enviando unha carta ao Ministro de Fomento, José Blanco López,  solicitando a modificación do trazado do acceso a Palas de Rei da autovia Lugo-Compostela que ten previsto pasar á beira da súa leira.

A cooperativa MILHULLOA, como moitas sabedes, produce en ecolóxico, polo que lle suporía un importante prexuízo que pon en cuestión a cualificación obtida do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), ou cando menos, destinar parte do seu terreo en produción a espazo de seguridade.

O Banco Santander deshaucia con sumo gusto con 0€ de comisión

APOYA A JOSÉ LUIS BURGOS EN SU PEREGRINAJE POR ESPAÑA       

O BBVA invirte en armamento controvertido

O BBVA é o banco español con máis presenza en empresas que fabrican armamento controvertido.
 
O Centro de Estudos J.M. Delàs de Justicia e Pau , o Observatorio da Débeda na Globalización (ODG) e a Federación SETEM ( da que forma parte AMARANTE Setem ), unidos na campaña "BBVA sen armas" destapan ante a Xunta Xeral de Accionistas, que o BBVA está presente desde 2006 con máis de 1.000 millóns de euros en empresas produción de armas nucleares, bombas de racimo e armas de uranio empobrecido.
 

 

proxecto fiare galiza