Convocatoria Asemblea Xeral. Domingo 26 de Maio

 

Queda convocada a vindeira Asemblea Xeral, para o próximo Domingo 26 de Maio ás 10:30h en primeira convocatoria e 11:00h en segunda convocatoria, no muíño do Severo en Cabral.

Recibiredes máis información por correo ordinario, electrónico (socias dadas de alta no boletín da cooperativa), ou no local da cooperativa.

Un saúdo

Enlace coa localización do muíño do Severo

Sorteo de desconto para obradoiro de cociña vegana e nutrición (Ata o 3 de Maio)

Bo día

Na última asemblea xeral da cooperativa (Decembro 2012) aprobáronse unha serie de liñas de colaboración con outras entidades. Comézase agora a desenvolver estas liñas e comezamos cun acordo con Natalia Carrillo, nutricionista e profesora de cociña vexetariana enerxética.

Ofertase o sorteo de dúas prazas no obradoiro de cociña vegana e nutrición que está a realizar no Centro Cívico de Teis unha tarde a semana (para máis información chamar ao 665378713).

Ábrese o prazo de inscripción tanto no mostrador da tenda como a traves de info@arbore.org, ata o 3 de Maio.

Un saúdo

Descubre as cooperativas

Durante os próximos 23-26 de Abril teremos no Centro de Desenvolvemento Local de Mos (Estrada de Peinador, 41) unha exposición e actividades coa finalidade de presentar as posibilidades da fórmula cooperativa para a xeración de riqueza e emprego.

O 25 de Abril tamén no centro, celebrarase unha xornada: "Unha resposta á crise, unha alternativa de emprego"

Quedades todas invitadas a participar destas actividades (podedes descargar o programa nesta mesma páxina)

Un saúdo

Proxección do documental "Con tu Dinero" / 17 de Abril / Centro cívico de Teis

Facemos extensiva a todas as persoas socias da nosa cooperativa a invitación que nos fan dende a organización desta proxección e mesa redonda sobre finanzas éticas. Consideramos que pode ser unha boa ocasión para un primer achegamento a este concepto de "finanzas éticas" e como toma de contacto coas iniciativas máis relevantes postas en marcha ata o momento, tanto no Estado como en Galicia.

Axuntamos documento coa presentación da proxección e a mesa redonda.

Feira de Sementes e plantón ecolóxicos. Leboso, 14 de Abril

Podedes atopar máis información na páxina da Fundación Galicia Verde: http://fundaciongaliciaverde.org/

Obradoiro de construción de xoguetes sonoros

oto: Algúns dereitos reservados por chris_hau]

 

      OBRADOIRO DE XOGUETES SONOROS E CONCERTO TRANGALLEIRO

IV Andaina pola protección da serra do GALIÑEIRO

Data.- Domingo, 20 de febreiro de 2011.

Hora.- Ás 10,00 h iníciase a andaina.
O remate da actividade está previsto entre as 13,00 e 14,00 h
Actividade.- Paseo por unha pista forestal que rodea a serra do Galiñeiro para solicitar a protección da serra e sensibilizar contra o proxecto de parque eólico. Foto con pancarta no vértice xeodésico.
Trátase de sensibilizar diante do proxecto de instalación dun parque eólico nun espazo de interés natural, paisaxístico, arqueolóxico que debería gozar da integración nalgunha figura de protección (por exemplo integrándoo no parque natural do Aloia).

Cursos Parques Naturais 2013

[Unha socia da cooperativa fainos chegar a seguinte información]

Le recordamos que sigue  abierto el plazo de solicitud para los cursos del Programa de Formación Ambiental 2013 En-torno a los Parques Nacionales, del Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente – Organismo Autónomo Parques Nacionales.

Re-Move os teus cartos

Preséntase unha campaña en favor das finanzas éticas e os proxectos aos que a día de hoxe podemos apoiar: Fiare, Coop57, SomEnergia...

http://remuevetudinero.net/hola-mon/

 

proxecto fiare galiza