Arquitecturas Colectivas Galiza. Valadares 11-14/09

Nos vindeiros días 11-14 de Setembro, celebrarase na parroquia de Valadares en Vigo a 6ª edición de Arquitecturas Colectivas Galiza. Utilizando a presentación da organización:

II Feira 2º man, artesán e ecolóxico en Nornas

II FEIRA DE SEGUNDA MAN, ECOLÓXICO E ARTESÁN

EN NORNAS HOSTEL

 

Xornadas de Bioconstrucción / Viveiro / 28,29 e 30 de Xuño

Podedes atopar máis información e contactar cos organizadores a través do enlace http://espigabioconstrucion.wordpress.com/espiga/

Un saúdo

Día do cooperativismo galego 2013 / 6 xullo / Ames

O próximo día 6 de xullo querese poñer de manifesto que outra forma de facer empresa é posible a través dun programa extenso de actividades que podedes consultar no seguinte enlace ou no folleto adxunto.

Nesta mesma xornada entregaránse os "premios á cooperación 2013" aos que tamén se presenta Árbore nesta ocasión, coa intención de destacar a dimensión social e cooperativa do noso proxecto, como un máis dentro dos moitos que fan día a día do cooperativismo unha opción de futuro.

[É preciso inscrición para asistir á xornada]

Un saúdo

Guía práctica: Constrúe alternativas todos os días do ano, "Folga ao capitalismo"

Dende o portal de economía solidaria (http://economiasolidaria.org/noticias/guia_practica_huelga_al_capitalismo), ofrecennos esta guía práctica para coñecer e informarnos sobre alternativas  para distintos bens e servizos, invitándonos a usar opcións dentro da economía social e solidaria (o chamado mercado social).

Adxuntamos esta interesante guía para que poidades consultar.

Un saúdo!

O cooperativismo no ensino, sitio web de recursos para o ensino

Para a difusión e promoción do cooperativismo entre o alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, o Consello Galego de Cooperativas pon a súa disposición unha serie de recursos educativos adaptados ao distintos niveis educativos, tales como unidades didácticas con actividades, xogos e outros recursos para a transmisión de contidos relacionados có mundo das cooperativas, así como publicacións para a posta en marcha proxectos de autoemprego cooperativo.

+info: http://www.cooperativasdegalicia.com/educacion/index.htm

Asemblea Xeral de Som Energia. 25 Maio

A nosa cooperativa é socia da cooperativa Som Energía, unha iniciativa de xeración e distribución de enerxía limpa novidosa, que esta a ter un gran éxito social, e polo tanto un crecemento moi rápido.

Se algunha socia de Árbore está interesada en recibir máis información sobre Som Energía ou a asemblea do 25 de Maio desta cooperativa, pode contactar connosco en info@arbore.org.

Convocatoria Asemblea Xeral. Domingo 26 de Maio

 

Queda convocada a vindeira Asemblea Xeral, para o próximo Domingo 26 de Maio ás 10:30h en primeira convocatoria e 11:00h en segunda convocatoria, no muíño do Severo en Cabral.

Recibiredes máis información por correo ordinario, electrónico (socias dadas de alta no boletín da cooperativa), ou no local da cooperativa.

Un saúdo

Enlace coa localización do muíño do Severo

Sorteo de desconto para obradoiro de cociña vegana e nutrición (Ata o 3 de Maio)

Bo día

Na última asemblea xeral da cooperativa (Decembro 2012) aprobáronse unha serie de liñas de colaboración con outras entidades. Comézase agora a desenvolver estas liñas e comezamos cun acordo con Natalia Carrillo, nutricionista e profesora de cociña vexetariana enerxética.

Ofertase o sorteo de dúas prazas no obradoiro de cociña vegana e nutrición que está a realizar no Centro Cívico de Teis unha tarde a semana (para máis información chamar ao 665378713).

Ábrese o prazo de inscripción tanto no mostrador da tenda como a traves de info@arbore.org, ata o 3 de Maio.

Un saúdo

 

proxecto fiare galiza