Mercadiño de troco o sábado 26 de abril

ARBORE, Amarante, Caleidoskopio e Verdegaia invitavós a participar nos mercadiños de troco e cesión.
que celebraremos o último sábado de cada mes na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h, a partires do vindeiro 26 de abril.

¿Qué é unha cooperativa?

A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade. Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada.

¡Un café xusto, por favor!

 

Amigos da Terra xunto con ARBORE, Amarante e Mundos, impulsa a campaña Un café xusto, por favor! co obxectivo de implicar á sociedade na responsabilidade colectiva do modelo de consumo actual, fomentando o cambio cara alternativas xustas e sustentables de comercio local e internacional.

¿Por qué facerme socia/o da cooperativa?


Estas son algunhas consideracións sobre a actividade que levamos a cabo. Existen moitos motivos para sumarse a iniciativas como ésta. Lembra que Árbore é absolutamente independiente de partidos políticos, sindicais, etc.

ÁRBORE NON É MÁIS QUE UNHA SUMA DE PERSOAS INTERESADAS EN MELLORALA SOCIEDADE NA QUE VIVIMOS.

Plataforma Galega Antitranxénicos

 

O pasado 29 de Febreiro, constituiuse en Galiza a Plataforma Galega Antitranxenicos (OMX`s) con organización do eido do ecoloxismo coma Amigos da Terra, Verdegaia, Adega, do consumo consciente coma Semente, A Xoaninha, Eirado e ARBORE, e da agricultura coma o Sindicato Labrego Galego, APEGA e o CRAEGA.

Concurso de deseño de camisolas

Mellorando entre todas as persoas socias...

Se tes ideas, suxerencias ou comentarios... non te cortes! Axúda a mellorala cooperativa. Todalas ideas e opinións contas e serven.

Fagamos da Cooperativa un proxecto colaborativo. Aportando un pouco entre todas podemos consolidar e mellorar este gran proxecto comunitario, horizontal e aberto.

 

proxecto fiare galiza