Crema de cacahuete - Monki

Ingredientes: Cacahuete, auga de manantial.

Aceite de xirasol e liño

Ingredientes: Aceite de primeira presión, extracción en frío obtido de sementes de liño e xirasol.

Beneficios: O aceite de sementes de liño é unha excelente alternativa ós aceites de peixe pola súa cantidade en ácedo olinoleico e omega 3. Por iso ten propiedades emolientes e laxantes. Alivian a nefrite e a cistite. Son calmantes das inflamacións das vías respiratorias.
É unha mestura equilibrada de aceite de girasol e aceite de liño. Este aceite de girasol é precursor do omega 6 e é un excelente potenciador das defensas pola súa acción sobre o sistema inmunitario.

Vinagre balsámico de modena

É un tipo de vinagre de orixe italiana. Trátase dun vinagre obtido a base dunha mestura de viños, na que interveñen tanto viños tintos coma brancos. Dentro das súas características atopamos un sabor forte e lixeiramente doce e unha cor escura. O sabor deste vinagre realza os condimentos con sabor a froita, se se quenta desaparece a súa acidez e dozura. Consérvase ben mesmo unha vez aberto xa que a introdución de oxíxeno non deteriora o contido. Os sedementos atopados no fondo da botella non deben terse en conta como unha diminución da calidade, é un proceso natural deste vinagre.

Proposta de eliminación das marmeladas Taibilla

A comisión de compra-vendas propón eliminar as maremladas Taibilla da actual oferta da cooperativa. O motivo principal é doble:

1. Por un lado, Tabilla  ven de apostar por un aditivo totalmente prescindible, o E-330, un conservante que se pon "por si acaso" e que permite que a mermelada aguante máis tempo na neveira.

2. Por outro lado, a actual oferta das tres empresas conserveiras galegas copan de moi boa variedade a tenda.

Se algunha socia quere opinar sobre o tema, que o comente cas traballadoras, no libro de comunicacións, neste post ou no correo info@arbore.org

Senón se argumenta contra esta decisión, deixaremos de pedilas o 2 de maio.

Novidades na biblioteca da cooperativa

Este mes temos novidades na biblioteca da cooperativa:

Libro: Tomandose a risa en serio - Mandala Edicions

Obtención do aceites ecolóxicos de calidade

Tradicionalmente, utilizáronse para a obtención de aceite, prensas de capacho e cando era así, considerábase como o mellor aceite o producido no primeiro momento do prensado.

A prensa hidráulica máis común actualmente consta de dúas pontes de fundición unidos por 4 columnas de aceiro e dun pistón. A masa oleosa procedente do muíño dosifícase entre os capachos e presiónase durante 60 minutos.

Arxila fina - Soria Natural

Ingredientes: Arxila fina irradiada mediante secado natural ao sol.

Beneficios: As súas propiedades son moi parecidas á arxila verde, pero reseca menos a pel, por iso está recomendada para peles sensibles ó problemas de dermatite. A súa cor avermellada débese a un maior contido en ferro e aluminio que combate contra a graxa da pel, por iso é moi utilizada contra a acne, puntos negros e as espinillas. A súa textura fina é de orixe natural e non se debe a ningún proceso mecánico de moenda.

Henna Radhe Shyam

A natureza ofrécenos tamén unha forma natural e sa de colorear o cabelo evitando as consecuencias das tinguiduras químicas e as decoloraciones. A planta da que procede chámase Lavsonia inermis. Recóllense as follas, sécanse e trituranse até convertelas nun po fino. Son procedentes do norte de África, A India e Oriente Medio. O uso deste colorante natural remóntase a uns 5.000 anos e desde sempre atribuíronlle propiedades curativas e máxicas, e nalgunha cultura considéraselle sacra. Se a aplicamos sobre o pelo fará que estea máis forte e teña máis corpo e reducirá o nivel de graxa.

 

proxecto fiare galiza