Carobella organic (substituto do cacao)

Ingredientes: graxa vexetal non hidrogenada*, concentrado de millo en po*, algarroba en po*, fariña de soia*, emulxente (lecitina de soia), aroma natural (vainilla)*.

Beneficios: Substituto da crema de cacao con abelás. Especial para persoas que non poden ou no desexan tomar cacao na súa alimentación.

 

Carobella organic (substituto do cacao):

Millo doce - Ekolo

Ingredientes: Millo doce, auga, sal mariño.

Beneficios: O Millo exerce un efecto suavizante da mucosa intestinal. Ademais non contén glúten o cal fai que sexa moi ben tolerado por intestinos sensibles e celíacos. Recoméndase especialmente en casos de cólicos  intestinais, colon irritable, colite crónica, nas dietas do destete dos nenos e enfermidades renais crónicas. O millo ten un lixeiro efecto frenador sobre a glándula tiroides. O seu consumo é adecuado en caso de hipertiroidismo, cararcerizado pola delgadez e o nerviosismo entre outros síntomas.

Macedonia de verduras ó natural - Ekolo

Ingredientes: Xudía, guisante, pataca, cenoria, auga e sal mariño.

Beneficios: Unha forma cómoda e rápida de gozar dos beneficios destas verduras e hortalizas cultivadas dunha forma respectuosa co medio. Procedentes de agricultura ecolóxica. Son unha boa fonte de minerais o que explica o seu efecto alcalinizante. Vitaminas especialmente a provitamina A, B e K. A súa fibra contribúe a producir sensación de saciedade ó inxerila, así como a evitar o estreñemiento. Como contén pataca é rico en hidratos de carbono.

Ketchup - Cal Valls

Ingredientes: Tomate, azucre integral de cana, vinagre de cereais, sal mariño e especias. Todos de procedencia ecolóxica.

Beneficios: É unha receita orixinal elaborada con tomates cultivados na Plana de Urgell (Lleida) segundo os métodos da agricultura ecolóxica e biodinámica. O tomate non procede de concentrado, non ten espesantes nin auga.

Fonte

Grelo natural - Amorodo

Ingredientes: Grelos de produción ecolóxica, auga e sal mariño.

Gazpacho - Cal Valls

Ingredientes: Tomate, pepino, pemento, cebola, aceite de oliva virxe, allo, vinagre e sal. Todo de procedente de agricultura ecolóxica.

Beneficios: O gazpacho é unha forma orixinal para comer hortalizas que pode resultar atractivo a quen non as consomen habitualmente, por exemplo algúns nenos.
Posto que todos os seus ingredientes consómense en cru aprovéitase ó máximo o contido vitamínico das hortalizas. É facilmente dixerible, xa que todas as hortalizas atópanse finamente trituradas e apenas requiren masticación. É un alimento que quita a sede, á vez que achega minerais e vitaminas na tempada de verán.

Garavanzos ao natural - Cal Valls

Ingredientes: Garavanzos procedentes de agicultura ecolóxica, auga e sal.

Beneficios: Esta "humilde" legume é un alimento idóneo: reduce o colesterol, evita o estreñimiento e fortalece o sistema nervioso. Son moi recomendables para quen padeza de tensións ou depresión nerviosa.
Para as embarazadas é recomendable tamén polo seu contido en folatos a súa riqueza en proteínas e outros minerais.

Xudía Verde - Amorodo

Ingredientes: Xudía Verde cortada ó natural, auga, vinagre e sal mariño.

Beneficios: Son as vainas tenras que forman a cuberta do froito desta planta , colleitadas antes de que se desenvolven no interior as súas sementes (xudías ou feixóns). Son diuréticas, tonificantes do corazón e hipoglucemiantes (descenden o nivel sanguíneo de glicosa).

Espárragos brancos grosos ó natural - Ekolo

Ingredientes: Espárragos brancos grosos de produción ecolóxica, auga e sal.

Beneficios: Dende o punto de vista nutritivo o espárrago é un dos alimentos máis baixos en calorías que podemos consumir. As súas principais aplicacións son as seguintes:

* Afeccións renais: É un bo diurético que estimula a produción de ouriños no ril. Contribúe a   eliminar os líquidos retidos nos tecidos.
* Obesidade: Polo seu escaso achegar calórico.
* Eccemas da pel: Pola súa acción depurativa e desintoxicadora.
* Estreñimiento: Polo seu contido en fibra dietética.

Crema de améndoas e algas - Algamar

Ingredientes: Améndoas, alga espagueti de mar, especias e sal.

Beneficios: O espagueti de mar é un alga peculiar en forma de cinta alargada que pode chegar a medir dous metros de longo. É destacada polo seu alto valor proteico, riqueza en calcio, magnesio, potasio, vitamina C e miacina.
Doutra banda a améndoa fortalece o sistema nervioso, diminúe o colesterol e protexe o corazón.

 

proxecto fiare galiza