Aceite de cartamo

Ingredientes: Aceite de Cártamo de cultivo ecolóxico. De primeira presión en frio. Sen refinar.

Aceite de liño - Philippe Vigean:

Ingredientes: Aceite de liño de cultivo ecolóxico, primeira presión en frio.

Beneficios:O aceite de sementes de liño é unha excelente alternativa ós aceites de peixe pola súa cantidade en acedo linoleico e omega 3. Por iso ten propiedades emolientes para o sistema dixestivo e laxantes. Alivian a nefritie e a cistite. Son calmantes das inflamacións das vías respiratorias.

Vinagre balsámico de módena - Aliño

Ingredientes: Trátase dun vinagre obtido a base dunha mestura de viños, na que interveñen tanto viños tintos como brancos.

Yogi tea Echinacea

Ingredientes: a base de equinácea e outros ingredientes: hinojo, achicoria tostada, cardamomo, raíz de bardana, cúrcuma, pementa negra, astrágalo, tulsi e vainilla. (Todo de cultivo ecolóxico)

Beneficios: Esta infusión a base de echinacea, de eficiencia demostrada en evitar infeccións de todo tipo e aumentar as defensas, contén tamén outros ingredientes moi útiles para os arrefriados e gripes.

Na caixa, feita de cartón reciclado aparece unha postura de ioga con efecto saudable, contén 15 bolstas non blanqueadas.

Crema de sésamo (tahín) con algas - Algamar

Ingredientes: Sesamo (95%), Alga Espagueti de Mar (4%) e Especias de cultivo ecolóxico.

Beneficios: Esta crema é unha gran fusión entre produtos do mar e a terra, cada un ,de alta concentración de nutrientes.

Te rooibos

Ingredientes: rooibos 100% de produción ecolóxica.

Remolacha de mesa - Amorodo

Ingredientes: remolacha, auga, vinagre e sal mariño. Produto de agricultura ecolóxica.

Queixo de ovella Fariza

Ingrediente: Queixo artesán de ovella, 100% con leite da propia explotación, elaborado en familia no Parque Natural Arribes do Douro e que tamén forma parte da Denominación de Orixe Queixo Zamorano, aceite de oliva ecolóxico especiado con romeu.

Beneficios: É un queixo curado, de sabor intenso e lixeiramente picante . Provén de Zamora , dun rabaño de 500 ovellas de raza churra, que pasta libremente no parque Natural Arribes do Douro.

Pementa negra

Ingredientes: Grans de pementa con casca de agricultura ecolóxica.

Beneficios: A pementa son froitos secos con casca (pementa negra) ó sen ela (pementa branca) dun arbusto orixinario da India. A pementa facilita a dixestión das comidas pesadas e o seu uso está especialmente desaconsellado en casos de gastrite, úlceras, hemorroides e hipertensión xa que sobe a tensión.

Fonte

Maruxas de nata - Granxa Maruxa

Ingredientes: Fariña de trigo de cultivo Ecolóxico con xerme, nata de produción Ecolóxica vacas propias (37,5%) e azucre de cana de cultivo Ecolóxico.

Beneficios: Galletas ecolóxicas elaboradas en Granxa Maruxa, unha granxa familiar situada en Cumbraos (Lugo). Prodúcense artesanalmente, por iso non hai 2 iguais. Conseguiron recuperar o sabor tradicional das galletas de nata, grazas á calidade dos seus ingredientes e o coidado especial en todo o proceso. Pero coidado...se probas unha non poderás deixar de comelas!

 

proxecto fiare galiza