A pera

Pyrus (científico), Pera (castellano), Pear (english).

Substancias: hidratos de carbono (12,4%), proteína (0,5%), graxa (0,3%), fibra (2,8%), potasio, boro, taninos, sorbitol, ácidos orgánicos (málico e cítrico).

A laranxa

Citrus x sinensis, Citrus x aurantium (científico), Naranja (castellano), Orange (english).

Substancias: hidratos de carbono (9%), proteínas (0,8%), graxas (0,2%), fibra (2,3%), vitaminas A, C, ácido fólico, vitamina B9, potasio, calcio, ácido citríco, carotenoides, flavonoides, ácidos fenólicos, terpenos amargos, cumarinas; as vermellas (variedade sanguina) teñen antocianinas.

O limón

Citrus x lemon (científico), Limón (castellano), Lemon (english).

Subtancias: hidratos de carbono (3,2%), proteínas, graxas (0,6%), fibra (2,8%), vitamina C, potasio, flavonoides, ácidos fenólicos, monoterpenos limonoides, ácidos orgánicos (cítrico, málico, acético e fórmico).

Queixo Nabiza

Dada a súa alta cantidade de proteínas, o queixo é un alimento recomendado especialmente para o desenvolvemento muscular. Os alimentos ricos en proteínas como este queixo, están recomendados durante a infancia, a adolescencia e o embarazo xa que nestas etapas, cómpre un maior achegue deste nutriente.

Como ten unha alta cantidade de calcio, o queixo un alimento bo para os ósos.

Cogumelo 'Suillus Luteus'

Estes fungos crecen espontaneamente nos bosques de piñeiro da Sierra de Salinas, un poboado situado na provincia de Bolivar, ó centro do ecuador a 3.550 metros de altura.
Recóllense polas comunidades campesiñas da zona, favorecendo ademais unha masiva labor de reforestación dos páramos. Logo se rebanan, sécanse e se empacan nunha planta especializada.
Dende a fundación Grupo xuvenil Salinas (FUJGS), coordínase o traballo de mais de 200 familias, fomentando o desenvolvemento comunitario e xerando ingresos complementarios á súa dificil economía.

Preparación:

Deixar a remollo os cogomelos secos unha hora en auga tépeda, lavalos ben e escurrir.

A cenoura

Contén beta-caroteno, que o noso organismo transforma en vit.A. É imprescindible para o bo funcionamento da retina e especialmente para a visión nocturna ou con pouca luz.
Tambien esta vit. favorece o bo estado da pel e as mucosas.
Destaca a súa cantidade en fibra vexetal (3%) da cal a maioría é pectina, que normaliza o tránsito e suaviza a mucosa intestinal.
O seu aceite esencial é moi activo contra os parásitos intestinais.
Asi pois, a zanahoria é moi útil nas afeccións da retina e dos ollos en xeral; nos transtornos da pel; na gastrite e exceso de acidez; na colite e como preventiva do cancro.
   

Por cada 100 gr:
Fibra- 3.00%

O Repolo

Pola súa combinación de minerais está moi recomendado para enfermos cardíacos e hipertensos.
Son unha boa fonte de calcio, imprescindible para os ósos e dentes.
A súa fibra vexetal faio laxante e regulador do tránsito intestinal; aínda que tamén flatulentos para algunhas persoas.
Os seus elementos fitoquímicos confírenlle calidades anticanceríxenas, antidiabéticas e ciatrizantes de pel e órganos, por iso recoméndase aos que presentan úlceras gastroduodenales.
As sustancias sulfurosas contidas no repolo exercen acción antibiótica e poden contribuír a reequilibrar a flora bacteriana.

Por cada 100 gr:

A remolacha

A súa propiedade mais destacada é o seu poder antianémico. O seu contido en ferro (1.80/100gr) e en vit.C, que favorece a absorción deste mineral son mais ben modestos, e non explican por si sos a notable acción antianémica da remolacha. Probablemente sexa algún dos seus compoñentes, non ben identificado aínda, o que actúa estimulando a hematopoyesis (produción de células sanguíneas na medula ósea).
Conteñen tamén elementos fitoquímicos en investigación, cos cales atribúeselle acción anticanceríxena.
   

Por cada 100 gr:
Fibra- 2.80%
Minerais- 1.08%
Hidratos de carbono- 6.76%

Quinoa

A Quinoa é moi rica en proteínas, fósforo e oligoelementos e ten un alto contido en magnesio, ferro, calcio, fibra, vitaminas B, E e C e acedos grasos non saturados e esenciais. Contén entre un 16 e un 13% de proteína de altísima calidade nutricional xa que reúne 20 aminoácidos.
É apropiada para todo o mundo e sobre todo, para pesonas vexetarianas, bebés (debido á presenza de arxinina e histidina), mulleres embarazadas, persoas que realizan grandes esforzos físicos, deportistas e para aqueles que padecen anemia ou desnutrición crónica.

Preparación:

Porro

As súas indicacións son as seguintes:
É un bo alcalinizante e diurético polo que aumenta a eliminación urinaria de ácido úrico. Asi que se recomenda en casos de artrites e pinga.
Bronquite e sinusutis pola acción mucolítica (fluidifica a mucosidad) e antiséptica da súa esencia.
É ou excelente laxante pero pode producir flatulencias.
    

Por cada 100 gr:
Fibra- 1.80%
Minerais- 1.05%
Hidratos de carbono-12.4%
Graxa- 0.300%
Proteinas- 1.50%
Auga- 83.0%

 

 

proxecto fiare galiza