Limpa W.C - Ecolino

* Producto de limpeza ecolóxica e eficaz.
* Ingredentes de orixe vexetal.
* Alta biodegrabilidad, máxima eficacia e un perfume agradable.
* Fórmula non ensaiada con animais.

Para limpar e descalcificar o seu inodoro, a diario ou periodicamente. Limpa e descalcifica sen danar á fosa aséptica.

Xeito de Emprego: Aplicar o produto sen diluílo nos bordes interiores do inodoro. Deixe actuar o produto durante uns minutos. Se o cal está moi incrustado, usar un cepillo para aplicar o produto.

Multiusos - Ecolino

* Producto de limpeza ecolóxica e eficaz.
* Ingredentes de orixe vexetal.
* Alta biodegrabilidad, máxima eficacia e un perfume agradable.
* Fórmula non ensaiada con animais.

Limpa con gran facilidade todo tipo de superficies duras resistentes á auga: chans, portas, mobles, cociñas...Seca sen aclarar, sen deixar pegada e elimina a suciedade sen facer dano ás superficies.

Xeito de Emprego:
A dose recomendada é un tapón por cubo (8 litros de auga). Pode aumentar ou diminuír a dose segundo o estado da superficie que desexe limpar.

Deterxente para la - Ecolino

* Producto de limpeza ecolóxica e eficaz.
* Ingredentes de orixe vexetal.
* Alta biodegrabilidad, máxima eficacia e un perfume agradable.
* Fórmula non ensaiada con animais.

Pode lavar con toda seguridade a roupa fina e delicada como a la, a seda, etc. Coida a súa roupa máis fina: protexe as cores e mantén a flexibilidade. Non contén branqueadores ópticos.

Xeito de Emprego: Para lavar a man, cun caciño de 30 ml de deterxente é suficiente en 5 L de auga.

Para lavar a máquina: Centrifugado curto, para pezas de roupa delicadas.

Alternativas reutulizables de productos de usar e tirar de hixiene feminina

Presentámosvos o traballo que viñeron desenvolvendo desde Rede Copa de Lúa nos últimos 3 anos, en torno a alternativas reutilizables de produtos de usar e tirar de hixiene feminina. Centrado na divulgación de copas menstruais, agora incorporan compresas ecolóxicas lavables. Trátase dunha información que consideramos relevante para diversos ámbitos (consumo consciente e responsable, economía social, xénero, ecoloxía, saúde...).

copa menstrual mooncup

A soia

A semente da soia é posiblemente o alimento con maior contido en proteinas, vitaminas e minerais. Ademáis contén valiosos elementos fitoquimicos. A súa extraordinaria capacidade para nutrir e previr enfermidades comprendese meior ó coñecer a súa composición:

As fabas

A humanidade leva varios milenios consumindo fabas, probalemente sexa uns dos cultivos mais antigos. As fabas tenras conteñen unha considerable proporción de proteínas de boa calidade biolóxica, hidratos de carbono en forma de almidón e apenas graxas.
O ferro é o mineral mais abundante nas fabas, case tanto coma a carne. Recoméndanse en casos de anemia, asi coma as embarazadas, adolescencia, deportistas e na covalecencia de enfermidades infecciosas ou de intervención quirúrxicas.

Por cada 100 gr:
H. de Carbono: 7,50%
Graxa: 0,60%
Fibra: 4,20%
Proteinas: 5,60%

O arroz

Está moi recomendado contra diarreas e gastroenterite.
Tamén para os hipertensos e en casos de afeccións cardíacas. Actúa como alcalinizante en casos de exceso de acedo úrico.
Previo a utilizaro debe pórse en remollo e cocelo logo cunha cantidade de líquido menor ó seu volume, a lume lento. É ideal para ensaladas.

Por cada 100 gr:
Minerais: 0.580%
H. de Carbono: 79.3%
Graxa: 0.580%
Proteinas: 6.61%
Auga: 12.9%

O garavanzo

Este "humilde" legume é un alimento idóneo: reduce o colesterol, evita o estreñimento e fortalece o sistema nervioso. Son moi recomendables para quen padeza de estrés ou depresión nerviosa.
Para as embarazadas é recomendable tamén polo seu contido en folatos a súa riqueza en proteínas e outros minerais.

Por cada 100 gr:
Fibra: 17.4%
Minerais: 2.48%
Hidratos de Carbono: 43.3%
Graxa: 6.04%
Proteínas: 19.3%
Auga: 11.5%

 

A piñaq

Podese dicir da piña que é amiga do estómago. É un antiácido natural. Moitos a consideran un postre ideal para facilita-la dixestión. O seu consumo está especialmente indicado nas seguintes afeccións do estómago: hipoclorhidria (falta de xugos dixestivos) maniféstase pola dixestión lenta e pesadez de estómago. Ptosis gástrica( estómago caído) causado pola incapacidade do estómago para vacia-lo seu contido. En ambolos dous casos o ananás ten que tomarse fresco, nunca en conserva.
Ten un efecto saciante que constitúe un bó complemento nas dietas adelgazantes.

Ceboleta

Trátase dunha especie intermedia entre a cebola e o allo porro. É máis tenra ca cebola común e consúmese ademáis do bulbo as follas e o tallo da planta. Contén os mesmos nutrintes e sustancias de acción medicinal ca cebola, ainda que cunha concentración inferior. Consúmese crúa en ensalada ou lixeiramente asada e cunha salsa adecuada.

 

proxecto fiare galiza