Arbore news, Novas

Cestas ecolóxicas de froita e verdura

Presentamosvós dúas cestas de fresco para que escollades a mellor que se adapte as vosas necesidades. Só poderán apuntarse socias xa que a producción é moi limitada.

Antía, cesta aberta, por 24,50 €.

Jorge, cesta pechada, por 18,56 €.
________________________________________________________________________________________

Árbore na Feira do CAT

Feira - mercados tradicioanis galegos

O día 11 de setembro de 2010 comeza en Vigo FEIRA, un Mercado de Productos Tradicionais Galegos que se desenvolverá todos os primeiros domingos de cada mes no Paseo de Alfonso.

Algas con selo ecolóxico

A Unión Europea prepara a certificación ecolóxica das algas para o ano que ven.
Esta vella demanda da empresa galega ALGAMAR concretarase en breve e permitirá un control que de garantías ás consumidoras sobre a ausencia de metais pesados e restos de hidrocarburos nas algas.

As algas de ALGAMAR serán as primeiras algas de Europa en recibir esta certificación.

Entrevista de Árbore a labrega ecolóxica Agatha Broeskamp

Productos de agricultura ecolóxica

Agatha Boreskamp é pioneira na Agricultura Ecolóxica na Galiza. Leva moitos anos de loita en diferentes ámbitos relacionados ca agroecoloxía e en contra dos transxénicos. Loitou moito pola democratización do Consello Regulador de Agricultura ecolóxica de Galicia (CRAEGA). É membra fundadora de APEGA, Asociación de Productores Ecolóxicos de Galiza e é socia fundadora da nosa cooperativa de consumo Árbore, dende o ano 2001.

Procuranse practicantes para horta biolóxica

O agricultor ecolóxico Ramón Andrade de Ponteares, procura de practicantes para horta.
Para máis información chamao  ao 690 70 66 00.

TRaballo na horta

FESTICLOWN EN PALESTINA 2010

FESTICLOWN PALESTINA 2010 es un sueño que día a día camina para convertirse en realidad: la realización del 1er FESTIVAL INTERNACIONAL DE CLOWN EN PALESTINA.

FESTICLOWN PALESTINA 2010 es un proyecto de FESTICLOWN (Festival Internacional de Clown de Galicia) y Pallasos en Rebeldía (Asociación Cultural y de Cooperación Internacional)

Horario de verán

A partir do martes, día 1 de xuño e ate o martes 31 de agosto, teremos horario de verán:

Horario de verán (xuño, xullo e agosto):
  • Luns, martes, xoves e venres: 10.30 - 14.00 e 18.00 - 21.00
  • Mércores: 10.30 - 21.00
  • Sábado: 10.30 - 14.00

A partir do 1 de setembro volveremos o horario normal.

ASAMBLEA XERAL DA COOPERATIVA (30 DE MAIO)


Vista Xeral da Asemblea.

Dende o Consello Reitor de Arbore, vós informamos de que o domingo 30 de maio será a nosa próxima Asemblea Xeral. Abrese prazo para a presentación de propostas. Ide reeservando datas, como ven sendo tradicional será unha Asemblea cunha importante parte lúdica e de convivencia. Mantemosvós informadas.