Asemblea FiareGZ 2012

Asemblea FiareGZ 2012

O sábado 11 de febreiro celebraremos preto da Coruña a nosa III Asemblea de FiareGZ.  Anímate a compartir connosco este momento e participa!.

Máis información: http://fiaregz.wordpress.com/2012/01/31/asemblea-fiaregz-2012/

O fracaso da pataca transxénica

Amigos da Terra envianos esta boa noticia:

 

A multinacional química alemá BASF anunciou onte a súa decisión de abandonar o mercado europeo de sementes transxénicas, recoñecendo a “falta de aceptación en moitos lugares de Europa por parte da maioría de consumidores, agricultores e políticos” [1].

 

Isto supón a retirada da pataca transxénica Amflora aprobada fai tan só dous anos, da que se cultivaron apenas unhas decenas de hectáreas e que, tras múltiples escándalos de contaminación, supuxo outro gran fracaso para a industria dos transxénicos [2].

E a gañadora é...

Con tres días de demora, celebrouse unha vez máis o fantástico sorteo da cesta de Árbore deste ano, o número gañador nesta ocasión é o:

02958

Noraboa a persoa premiada coa cesta deste ano, que se poña en contacto connosco antes de vir a recollela.

Saudos!!

As plagas fanse resistentes aos cultivos transxénicos

Un informe da Axencia de protección ambiental de EEUU recoñece nun informe, o que estamos denunciando dende fai anos: que as plagas fanse resistentes aos cultivos transxénicos Bt.
http://www.publico.es/ciencias/411039/detectadas-plagas-resistentes-al-insecticida-de-un-maiz-transgenico

 

En todas as mans

A realidade dos montes veciñais en mancomún define grande parte do territorio galego, malia isto, permanece como unha realidade pouco ou nada coñecida por boa parte da sociedade galega. Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e como forma de xerir o espazo fai parte do patrimonio cultural inmaterial galego. As organizacións que agrupan ás comunidades de montes constataron o distanciamento, cada vez maior, entre as poboacións dos lugares con os montes que lles son propios. Varias son as razóns que explicarían esta realidade. Transformacións económicas e mudanzas sociais provocaron este contexto.

Asemblea Xeral Extraordinaria da cooperativa

O próximo 17 de Decembro celebrarase no centro cívico de Teis(*) a Asemblea Xeral Extraordinaria de Árbore. Convocada en primeira convocatoria para as 16:30h e para as 17:00h en segunda convocatoria. A partires das 19:00h celebrarase unha merenda ata as 21:00h no propio centro, podedes traer comida, nos levaremos bebidas e algúns pinchos.

Podedes traer ás vosas nenas, solicitamos unha sala onde poden xogar se así queredes e queren. Avisádenos antes a info@arbore.org ou ao 986233497 para poder organizar isto.

Localización do centro cívico de Teis: mapa

Científicos confirman os graves impactos dos transxénicos

Jornadas Científicas Internacionales sobre Transgénicos

Expertos españoles y europeos exponen en Madrid los impactos ambientales, sociales, económicos y riesgos para la salud

IV Xornadas de ConCiencia Ecolóxica, 22 e 23 de Outubro

Como cada ano, a Asociación C.D.E. Treze Catorze ten o gusto de convidarvos ás IV Xornadas de ConCiencia Ecolóxica que terán lugar a vindeira fin de semana, 22 e 23 de outubro, no auditorio de Salceda de Caselas.

Grupo de consumo de SOJAMATIC

¿Qué é un grupo de consumo?

É un grupo de socias/os con intereses comúns en certos productos, pero que por problemas de espazo non se poden ter na cooperativa.

¿Que vantaxes ten facerme dun grupo de consumo?

 

proxecto fiare galiza