Transxénicos para os pobres.

No territorio español prodúncese gran parte dos alimentos ecolóxicos que se consumen na Unión Europea, inda que  a maior parte deles expórtanse a países máis ricos como Francia, Bélxica ou Alemania. Curiosamente, o alto e crecente grado de concienciación dos productores ecolóxicos deste pais contrasta coa gran aceptación por parte do sector agropecuario industrial no referento aos transxénicos.

1xuño - Charla: "Gastos militares e modelo de defensa do Estado Español"

 

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.

Domingo 2 de xuño: Manifestación Nacional Contra a Minaría

Sábado 2 de xuño: Manifestación Nacional Contra a Minaría

Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor.

Custa 8 € e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen:

  • Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15.

  • En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25

  • Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45

  • Na Praza dos Cabalos (na parada dos autobuses) ás 9.50

A volta é ás 4 da tarde.

Por favor, reserva con tempo a túa praza.

No teléfono 698 159 764 (Tereixa)

Reciclado de aceite

Nova iniciativa de autoemprego e reciclaxe a pequena escala

A continuación facémosnos eco dunha nova iniciativa á que vos podedes sumar como "donantes de aceite" ou como emprendedores. 

Para ambos fins, falade con José Miguel; o seu nº de teléfono está ó final desta nova:

 

RECICLADOS DE ACEITES DOMÉSTICOS LOS GRANADINOS”

 

Habitualmente, o aceite doméstico que desbotamos ten como destino o desagüe da cociña ou o inodoro, pero co tratamento adecuado, dito aceite podería terminar convertíndose en xabóns, fertilizantes, etc,...

 

Folga Comercio Alimentación para a vindeira semana

Para esta vindeira semana, hai convocada unha folga no Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra por mor da negociación do novo Convenio Colectivo e a perda de dereitos para as persoas suxeitas a dito convenio, esta folga está convocada por CCOO, CIG e UGT.

No caso da nosa cooperativa, o convenio negociase coas traballadoras, e existe a vontade por parte do Consello Reitor de que como mínimo, non supoña unha perda de dereitos para as mesmas (rexíndonos mentres non se chegue a un acordo específico, polo convenio anterior).

Espazo para crianzas de 2 a 6 anos

Nono espazo para crianzas

 

O primeiro animal xeneticamente modificado para alimentación humana

 

Na plataforma online Avaaz.org iniciouse unha campaña contra a venda no mercado Estadounidense dun peixe xeneticamente modificado para a alimentación humana.

 

Podedes atopar máis información e firmar en contra dalgo tan éticamente rexeitable, en: http://www.avaaz.org/es/

 

Mercado de Produtos Tradicionais Galegos, Vigo, 3 de Novembro

Mañá, día 3 de Novembro, celebrarase na Praza da Pedra (Mercado do Berbés en caso de chuvia) a Feira "Mercado de Produtos Tradicionais Galegos" na súa edición de Novembro. Lembrámosvos que esta feira realizase tódolos meses, e podedes atopar máis información en: http://patrimoniodegalicia.org/

Recollida de fondos para a creación da banda deseñada, Alleos

A banda deseñada Alleos xa está en marcha en Verkami!!!
Agardo a colaboración de mecenas para poder editar o proxecto.
É un dos proxectos máis sentidos que fixen.

É unha banda deseñada que parte dun análise sobre a grave situación mundial.

Sinopse:
Varios traballadores en situacións críticas diferentes, tras o ERE da súa empresa,
dan un xiro radical á sua vida apostando por crear unha forma de vivir totalmente diferente á que estaban afeitos.

Páxina de Verkami, onde podedes ver un breve trailler, coñecer máis o proxecto,
e facer achegas para que poida editalo, quen queira e poida:

ILP contra a incineración

Dende mediados de xullo está en marcha a recollida de sinaturas dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA. Promovida por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais galegas.

Axuntamos o texto da ILP que se podera firmar na nosa cooperativa en breve (en caso de querer recoller sinaturas para esta iniciativa, podedes poñervos en contacto coa organización da mesma).

 

proxecto fiare galiza