España reutiliza o 85% do papel consumido

O 'top ten' dos países que máis reciclan está liderado por Estados Unidos, seguido de Xapón, Chinesa, Alemania e Corea do Sur. Pechan a clasificación Reino Unido, Francia, Italia, Canadá e España.

A ASEMBLEA DE ÁRBORE NON SERÁ NO MUIÑO

A Asamblea de Árbroe non será finalmente no muiño posto que a previsión do tempo da choiva. O lugar da asamblea será a sede de Esquerda Unida na Porta do Sol, 11 bis entrechán. Teléfono: 986220729.

 

Arqueixal, o mellor queixo ecolóxico de España

Recentemente o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación fixo públicos os gañadores do concurso Mellores Queixos Españois no que, coma sempre, os de San Simón arrasaron na categoría de queixos de pasta prensa de leite de vaca. Pero a gran novidade desta edición, no referido a Galicia, foi o primeiro premio acadado pola queixería Arqueixal no apartado de queixos de produción ecolóxica.

https://www.mapya.es/ca/alimentacion/pags/premios/quesos/galardonados_quesos.htm

Crecemento notable do consumo de alimentos ecolóxicos a nivel mundial

Segundo os datos que ofrece o estudo elaborado por SÖL (Fundación Ecología e Agricultura), IFOAM (Federación Internacional de Agricultura Ecolóxica) e FiBL (Instituto de Investigacións sobre Agricultura Ecolóxica), estase vivindo un crecemento notable do consumo de alimentos ecolóxicos a nivel mundial. Europa e Estados Unidos atópanse en primeira posición na demanda deste tipo de alimentos e espérase que o crecemento sexa aínda maior.

O Foro Social Mundial será en xaneiro do 2009

O Consello Internacional do Foro Social Mundial dirixida a todalas organizacións, redes e movementos participantes, sobre os obxectivos das saus accións, campañas e loitas, co obxectivo de axudar na organización do próximo FSM, que se realizará en Xaneiro de 2009, na cidade de Belém, Brasil.

Chaman a atención especialmente en dúas cuestións importantes sobre o territorio onde vai ter lugar o próximo Foro :

Entrevista a César, membro do consello rector

Aí os vai a entrevista de Net Club de Caixa Galicia a César, (avisamos que hai varias erratas)

http://www.caixagalicia.es/Nuevo_netclub/wvio004c_entrevista856.html

A Comisión Europea rexeita aprobar dous millos transxénicos

A Comisión Europea rexeita aprobar dous millos transxénicos de Monsanto e Pioneer así como unha pataca transxénica de Basf.

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria da UE é cuestionada pola Comisión no debate sobre transxénicos que tivo lugar o­nte.

O FMI recoñece que o actual modelo de consumo enerxético é insostible

Según o infomre do FMI nos próximos anos seguirá medrando o consumo do carbón , do petroleo e do Gas, representando o 83% do consumo de enerxia mundial no 2030 . Coa tendencia actual, China e India incorporaranse ao clube de grandes consumidores de Enerxia, sendo responsables de mais do 40% do aumento mundial do uso da mesma. Entre a Unión Europea e EEUU eramos responsables do 53 % das emisións de CO2 . China so un 8 % e a India un 2% pero no 2030 un 60 % do aumento de emisións será responsabilidade de India e China.

 

 

proxecto fiare galiza