Non haberá café de Colombia ate outubro

Mail que confirma tal feito: 

Consello Rector o sábado día 12 as 10:00

Convocase o primeiro Consello Rector nº 120 coas novas socias vocais para este sábado, día 12 as 10:00 da maña en primeira convocatoria e as 10:30 en segunda convocatoria.

En principio durante este ano os Consello Recotres serán o segundo sabado de cada mes.

Estades invitados a participar.

Productos esgotados en orixe

Productos esgotados en orixe:

Fariña de trigo sarraceno, basmati integral, cous-cous de espelta, puré de umebosis e tamari de 1 litro.

Haber se en tres semanas volven a estar.

 

Aumenta a aceptación da enerxía nuclear en España e UE

Segundo datos o último Eurobarómetro, a porcentaxe da poboación partidaria do uso da enerxía nuclear está aumentando en España e na Unión Europea. Unha das razóns referidas polo estudo é a profunda preocupación dos cidadáns ante a subida de prezos dos hidrocarburos.

En España, onde a resistencia ao nuclear é unha das maiores de Europa (xunto a Irlanda, Portugal, Grecia, Malta, Austria e Chipre), a porcentaxe das súas partidarios creceu do 16% ata o 24%, seguindo a mesma tendencia que o resto de Europa.

A Xunta de Galicia decidida a acabar co Courel, según S.O.S Courel

Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio:

Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra

Cultivos transxénicos e ecolóxicos: unha coexistencia imposible

"El cultivo de maíz modificado genéticamente está haciendo
desaparecer el cultivo ecológico de este cereal y la coexistencia de
ambos es prácticamente imposible".

Nestlé espía aos seus críticos

A organización non gobernamental Transparencia Internacional recibiu recentemente unha chamada anónima para denunciar que Nestlé contratara os servizos da axencia privada Seguritas co obxectivo de espiar ao grupo altermundista Attac en Suíza. Jean Pierre Mean, de Transparencia Internacional foi o encargado de informar aos membros de Attac. Estes non só quedaron estupefactos, senón moi preocupados.

Por fin chega a primeira proba das analíticas

Despios de case 6 semanas chegou o resultado da primeira analítica feita.

O producto a analizar era a pataca kenebec de Ourense.

O resultado é negativo.

Textualmente:

No se encontraron residuos de ninguno de los productos fitosanitarios incluidos en el método multiriesgo.

Leite Buen Pastor esgotada

A leite Buen Pastor é galega pero envasase en Cantabria por faia de infraestructura eiquí. O que nós comentaron os productores é que ágora só está a producir un e que non chega para levar a envasadora. Non entendemos moi ben a historia, pero a realidade e que levamos 5 semanas sen leite en brick. Teñen unha orde de pedido e cando haxa leite enviannola..

 

Día internacional do cooperativismo

O próximo sábado 5 de xullo é o Día Internacional do Cooperativismo, aquí anexamos un arquivo coa Mensaxe da Alianza Cooperativa Internacional (ACI) con motivo desta celebración, a mensaxe leva por lema "Loita contra o cambio climático a través das cooperativas".

 

proxecto fiare galiza