Interconexión de las crisis capitalistas

La
explosión de las crisis alimentaria, económica y financiera en
2007-2008 demuestra hasta qué punto están interconectadas las economías
del planeta. Para resolver estas crisis, es necesario tratar el mal en
la raíz.

 

MANIFESTACIÓN CAMPAÑA POBREZA CERO VIGO, 18 DE OUTUBRO

PORQUE AS PROMESAS NON SE COMEN: ISTE ANO 50 MILLÓNS MÁIS DE PERSOAS TEÑEN FAME,

12:30 Praza Independencia-Praza Constitución

Árbore participa na Marcha Mundial das Mulleres o 18 e 19 de outubro


1. Participación na charla-coloquio sobre soberanía alimentar dende o punto de vista dunha cooperativa de consumo. Representaranos o presidente da cooperativa, Manuel González Garrido.
O día 18 de outubro as 20.00 h, na tenda de colectivos.

2. Stand da cooperativa na feira con exposición e venda de produtos ecolóxicos. Con socias-voluntarias da cooperativa.

3. Taller de consumo responsable para mulleres:

Obxetivo: coñecer os mecanismos máis sinxelos de cómo consumir bens e servicios de forma consciente..

A FEG promove unha ciberacción no Día Mundial contra os Monocultivos de árbores

O día 21 de setembro celébrase o día mundial contra os monocultivos de árbores. A expansión dos monocultivos forestais en diversos países do mundo ten unha serie de consecuencias ambientais e sociais negativas. A Federación Ecoloxista Galega súmase á celebración deste Día a través dunha ciberacción que critica o apoio que a Administración Galega continúa a dar á expansión do eucalipto e solicita unha nova política forestal galega baseada na conservación da biodiversidade, na protección dos solos e na valorización dos montes.

Xornadas reivindicativas do producto caseiro

26 de setembro, en Fontiñas, xornada reivindicativa do producto caseiro

Haberá tamén un mercado de productos caseiros frescos e transformados.

Arbore participa nas xornadas de cooperativismo de consumo

Nos últimos anos estase a producir unha crecente
consciencia por parte dos consumidores/as, en aspectos como: a
exixencia de mellor información sobre o que consumimos, o consumo
responsábel, a seguridade alimentaria, e o respecto ao medio ambiente
nos procesos de produción.

Ademais as cooperativas teñen demostrado ser unha
ferramenta eficaz para organizaren a consumidores/as e usuarios/dunha
forma colectiva, consciente e democrática para a mellora de diversos
ámbitos da calidade de vida, entre eles, o alimentário.

Manifestación de Galiza Non se Vende

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto no seu Consello o "Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado".
Este proxecto, ampliamente rexeitado, expropia terreos nalguns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa, actividade económica antiecolóxica (fan falla 3 quilos de peixe bravo para producir 1 de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxistico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.

Consello Reitor

Este mes, a xuntanza do Consello Reitor será o día 13 de decembro, ás 21.00h. na sede da cooperativa.

Se vas asisitir e queres recibir a información do Consello, envía un correo a info@arbore.org.

Ademáis da documentación recibirás a orde do día.

A orde do día colgarase ademáis no tablón do Consello Reitor (enriba da biblioteca) a semana previa a reunión.

Davila esixe ao Goberno central que non permita a realización de ensaios con transxénicos en Galiza

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pregunta ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, se recibiu solicitudes de empresas multinacionais para realización de ensaios con millo transxénico en diferentes municipios de Galiza e no caso de que así fora, cal sería a posición do ministerio ao respecto.

Igualdad animal edita unha web sobre as condicións na industria cárnica

O enlace é http://www.investigacionesanimales.org/

Comezan as súas investigacións con Campofrío e as condicións dos animais dentro das súas granxas.

 

proxecto fiare galiza