As socias de Árbore terán un 9% de desconto en carpintería-ebanistería

Chegamos a un acordo con Jorge Corcoba, ebanista e carpinteiro para que as socias de Árbore teñan un 9% de desconto nos seguintes traballos:

  • Ebanistería
  • Carpintería.
  • Restauración de mobles.
  • Restauración de obxectos de madeira.
  • Talla en madeira.
  • Traballos de torno e pezas especiais.

Jorge utiliza madeiras de primeira calidade, coa posibilidade de madeira galega, con tratamentos totalmente ecolóxicos.

Endulza a vida coa panela

ARBORE xunto con AMARNATE fixemos a finais do ano pasado unha importación conxunta dende Ecuador de panela de Comercio Xusto e biolóxica.

Trouxemos riquísima panela directamente do campo, coas mellores condicións para os agricultores e para tí.

Que postres eco-xustos máis ricos imos preparar. Mmmmm!

O noso grupo productor:

24 e 31 de Nadal en Árbore

Os días 24 e 31 de Nadal, coma xa é tradición en Árbore pecharemos ás 18.30 para respetar a vida personal das traballadoras e que poidan reunirse cedo coas súas familias. Para axudar a facelas compras habituais o horario será de 10.30 ate 18.30.

Xa temos gañador da cesta de Nadal

A gañadora da cesta de Nadal é o número 0863.
Quen sexa pode retirar o premio da Cooperativa,
nun mes contados a partir de hoxe.

Entrevista a Manolo Garrido, presidente de Árbore

Din que somos o que comemos. A cooperativa de consumo consciente Árbore (no 5 da rúa Arquitecto Pérez Belas) aposta por un mundo mellor no plano da alimentación. «É o primeiro dereito humano», afirma o seu presidente, Manuel González Garrido.Trátase dunha gran oferta a base de produtos ecolóxicos.

Manuel Garrido en Árbore

Iniciativa insuficeiente "contra" aos transxénicos

Ao berro de "Se non tedes fillos, será culpa do millo!", membros da Plataforma Galega Antitransxénicos denunciaron que a iniciativa é insuficiente.

O Parlamento Galego non aposta de verdade por unha Galicia libre de transxénicos

O texto que se aprobou foi unha transacción entre os tres grupos parlamentarios e os votos foron que SI por unanimidade.

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, no ámbito das súas competencias, non contemple a produción dos cultivos transxénicos destinados ao consumo humano e animal e, en consecuencia, a:

Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é  máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Compostela, Ferrol, Ourense, Vigo, A Coruña, Mugardos e Ribadavia.

A Universidade de Santiago de Compostela certifica a calidade das algas galegas vendiadas en Árbore

O estudio levouno a cabo o equipo de investigación de Julia López Hernández, profesora titular de Nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.

Según este estudio, as algas galegas son de alto valor nutricional e de plena seguridade para a alimentación humana.

As algas analizadas foron:

WAKAME
DULSE
NORI
KOMBU
ESPAGUETI DE MAR

Os resultados dos análisis determinan que as algas galegas teñen:

Amarante lanza a páxina web pidecafexusto

Dende a semana pasada, Amarante ten a páxina de www.pidecafexusto.org xa operativa en Galego.
Según a ONG debe ser unha ferramenta fundamental até xaneiro 2009 para presionar ás universidades de Vigo e Compostela para que distribúan café de comercio xusto nas súas instalacións cara a unha compra pública máis responsable e solidaria.

 

proxecto fiare galiza