Libros de César Lema na biblioteca de Árbore

Xa podes atopar a coleccion completa de libros de César Lema na biblioteca de Árbore:

  • Plantas y frutos silvestres comestibles
  • Panadería Biológica
  • Manual para rodar con aceite vegetal
  • Curso de agricultura biológica
  • Autoconstrucción de cocinas solares

Agradecer dende Árbore, a desinteresada doazón dos libros por parte de César.

Disfrutadeos!!

EL montaje del síndrome tóxico

Xa podes atopar na cooperativa este interesantisimo libro, que pese aos anos, está máis de actualidadde que nunca.

El montaje del síndrome tóxico

Exposición de comercio xusto no Punto Xove

Dende o luns, 11 de xaneiro ate 26 de xaneiro, dende ARBORE presentamos a exposición:

Teu café, bo para todos.

Feliz aninovo

O Consello Reitor e as traballadoras desexamosvós un feliz e consciente ano 2010.

Temos unha biblioteca aberta

Árbore ten unha biblioteca aberta e auto-xestionada para as socias,
onde hai libros sobre consumo consciente, comercio xusto, economía social, agricultura ecolóxica, saúde, alimentación, etc.

O listado dos libros, eiquí.

¿Comer ecolóxico é caro?

KIWIS LOCAIS E ECOLÓXICOS A 1,87 € o QUILO.

Nace a asociación galega de Horticultura Urbana

Este luns, 7 de decembro terá lugar a constitución da Asociación Galega de Horticultura Urbana.

Asociacion Galega de Horticultura Urbana

Será ás 16:30 no local que a Federación Ecoloxista Galega ten en Santiago de Compostela (Rúa Quiroga Palacios, 8, baixo).

Enquisa en Árbore

Para coñecernos, facemos unha enquisa aos socios da cooperativa.

Chamaremos por teléfono, pero se tes tempo, podémolo facer na cooperativa. Pregunta a Lidia ou Manu.

Ou podes  encher o cuestionario en internet a:

http://sd2.nouvellepage.com/%7Etestnetls/index.php?sid=29324&lang=gl

O cuestionario é moi rápido de encher

Guía de selos do certificación

Ven á Cooperativa para atopar a guía de selos de certificación!

Firma contra o arroz transxénico

Dende GREENPEACE alertan que quedan 7 días para que a Unión Europea decida sobre a autorización do Arroz transxénico.

Son precisas moitas firmas para convencer ás autoridades europeas que a cidadanía debe ser escoitada por encima dos intereses das grandes multinacionais como Bayer.  O teu podes colaborar: infórmache, firma, e difunde a campaña!

Arroz transxénico: a nova ameaza

 

proxecto fiare galiza