Obradoiro de cociña vegana

Obradoiro de cociña vegana en abril

Acción urxente da campaña Roupa Limpa

Tralo tráxico incendio da fábrica de roupa que causou a morte a 21 persoas (15 das cales eran mulleres) o 25 de febreiro pasado, os traballadores e as traballadoras esixen reformas inmediatas, unha investigación criminal e indemnizacións para as vítimas. Apoia as súas demandas escribindo ao Goberno de Bangladesh, ao propietario da fábrica e ás marcas de moda internacionais que producían alí as súas pezas.

O xoves 25 de febreiro, morrían 21 persoas en Bangladesh atrapadas no interior da fábrica en chamas na que traballaban. Estaban a terminar uns pedidos de coñecidas multinacionais de roupa, como  H&M e Terranova. Era o segundo incendio en 6 meses da fábrica “Garib & Garib Sweater Factory” en Gazipur, Bangladesh.
Por favor, únete ao chamamento internacional para reclamar xustiza para as vítimas e a adopción de medidas inmediatas para previr traxedias como esta en o futuro. Dirixe a túa carta ao Goberno de Bangladesh, ás empresas internacionais e ao dono da fábrica. Bangladesh detenta o macabro cómputo de 230 mortes por traxedias similares desde o ano 2000.

Se queres máis informacion ou asinar a carta ó goberno de Bangladesh entra na páxina da CAMPAÑA ROUPA LIMPA.

www.ropalimpia.org

Etiquetaxe de productos supostamente galegos: unha burla para o noso país

Na proposta de etiquetaxe realizada pola Consellaría do Medio Rural o pasado venres 12 de marzo, no marco da Comisión Permanente do Consello Agrario, a catalogación “FEITO EN GALICIA”   non só se lle porá á materia prima producida na Galiza, senón que aquelas empresas que teñan razón ou sede social eiquí,  polo tanto que elaboren, transformen ou comercialicen no país,  xa terían dereito a empregala.
    Na mañá de hoxe Carme Freire Cruces,  Secretaria Xeral do SLG, denunciou en rolda de prensa a grave fraude para produtores/as e consumidores/as que suporá esta  proposta de etiquetado de produtos supostamente galegos.

    Co voto particular en contra do SLG, mais co voto favorábel das outras organizacións agrarias e da CMR, autora da proposta, aprobouse o pasado 12 de marzo unha iniciativa que pretende aproveitarse do prestixio dos produtos galegos, arestora fortemente lexitimados no mercado en base ao bon facer histórico do noso sector produtor, das características produtivas propias da nosa terra e dun cada vez maior sentimento de valoración e apoio por parte dos consumidores e consumidoras á produción e ao medio rural da Galiza.

    A Consellaría do Medio Rural vén de poñer sobre a mesa un proxecto que se burla dos consumidores e consumidoras ao tentar confundir mediante unha etiqueta os produtos feitos con materia prima propia do país  con aqueles feitos con materias primas de calquera latitude,  xa que levarían a mesma identificación.

Novo logotipo para os productos ecolóxicos europeos

Logo ecolóxico europeoA partir do 1 de xullo deste ano, os produtos ecolóxicos á venda na Unión Europea deberán acreditar a súa autenticidade portando un logo que acaba de presentarse, resultado dun concurso para a súa elección. O gañador é un estudante alemán que obtivo o 63% dos votos e 6.000 euros.

O logotipo foi presentado onte en Bruxelas pola comisaria de agricultura Mariann Fischer Boel, e consiste nunha folla de árbore formada por estrelas sobre un fondo verde. A votación foi cidadá e realizouse online.

Segundo a comisaria, con este proxecto a UE pretende "promover os produtos ecolóxicos europeos e facer conciencia entre os consumidores sobre a importancia deste tipo de produción".

Arbore procura dunha bolseira para unha beca xerencial

Se tes os seguintes estudos:

Licenciatura en Economía.
Dereito económico-empresarial
Administración e dirección de empresas
Ciencias do traballo
Diplomatura en ciencias empresariais
Diplomatura en relacións laborais
Graduado social
Master ou post-grado en xestión de empresas
Grado superior en Administración y finanzas

Ofrecemos, a posibilidade de acceder a unha bolsa xerencial na cooperativa, a través dun progama xerencial de  UGACOTA e a Fundación Caixanova.
O período sería durante un ano, cunha xornada de 25 horas semanais con flexibilidade horaria, e unha axuda de 500€ ao mes para gastos de manutención e desplazamento. O contrato comezaría a primeira semana de abril e remataría o seu correspondente en abril de 2011.
Ademáis, inclúese formación práctica no eido xerencial como parte da bolsa a través dun titor especializado e con ampla experiencia no sector empresarial.

Se queres traballar en Árbore, envíanos teu currículum a info@arbore.org antes do 3 de marzo.

Obradoiro de cociña vegana

obradoiro cociña vegana
O obradoiro será o domingo 21 de febreiro, ás 10:30 da mañá, na Cova dos Ratos.
Porase un bote para cubrilos gastos. Para anotarse envía un correio a vigo@amaranteong.org ou chama o 886 111 327

Relacionanse un pesticida "orgánico" coa enfermidade do parkinson

Un investigador galego demostra a relación entre os pesticidas e o parkinson.

Artigo no portal enbuenasmanos

A continuación expomos unha pequena entrevista que nós fixeron dende o portal de terapias alternativas, En buenas manos.

Arbore na revista The Ecologist

No próximo número da The Ecologist, o correspondente a primavera, saimos nuha pequena entrevista a Manuel, traballador da cooperativa. Eiquí vai un adianto.

-¿Por qué aumentan las cooperativas pese a la crisis?

 

proxecto fiare galiza