As entidades socias de REAS Galicia puxemos en marcha unha campaña de crowdfunding co obxectivo de crear un directorio da ESS en Galicia.
Enderezo de consultas sobre as receitas do "Caderno Sostible edición verán"
Xov, 13/07/2017 - 12:58 inDespois de ver como recentemente toda a Stevia que se vendía en folla seca era retirada do mercado, finalmente a Unión Europea decidiu aceptala como novo alimento.
Gustaríanos lembrar as diferentes campañas realizadas para a legalización deste formato de venda da que podedes atopar un exemplo aquí.
Volveremos a dispoñer da Stevia cultivada en Coruña de Artexana Mondi en breve.
Un saúdo :)
Charla "Cociña e alimentación sostibles no verán" / 30 Xuño, 20h no local da cooperativa
Xov, 22/06/2017 - 08:21 inBo día
Árbore organiza para o vindeiro Venres, 30 de Xuño ás 20h unha charla con Natalia Carrillo, socia da cooperativa e a nosa cociñeira de referencia para petiscos e doces en todo tipo de actividades (sí, esas empanadas veganas tan ricas tamén as fai ela).
Envíamos o enlace do último Boletín de Economía Solidaria, probablemente o mellor lugar para coñecer todas as novidades sobre a Economía Social no estado.
Se tes un ratiño, poderás descubrir e saber máis sobre algún dos proxectos máis interesantes da Economia Social e Solidaria (ESS).
Boletín de Xuño: http://www.economiasolidaria.org/node/10944
Boletín de Xullo: http://www.economiasolidaria.org/node/11014
Aproveitamos a publicación no medio Chileno "El ciudadano" dun artigo sobre a posible presenza de agroquímicos nos produtos de hixiene femenina para manter aberto o debate sobre saúde pública e intereses das grandes transnacionais.
Na reunión de presidencias das Comunidades Autónomas do 17 de xaneiro, aprobouse poñer en marcha un Plan de emerxencia entre o goberno español e os executivos autonómicos para enviar recursos e material de Axuda Humanitaria á poboación refuxiada dos campos da fronteira europea, así como axilizar a chegada das 17.377 persoas refuxiadas que o Estado español se comprometeu a acoller.
Dende a Rede de Coordinadoras Autonómicas de ONG de Desenvolvemento, denunciamos o atraso con que o goberno español está a reaccionar ante o drama que viven ás persoas migrantes que queren chegar a chan europeo. E ante a proposta de Plan de Emerxencia, esiximos:
Podedes atopar no Boletín da coordinadora diversas noticias e algunhas ideas para axudar as persoas refuxiadas.
Podedes consultar un resumo dos hitos máis relevantes no 2016 de Coop57.
Árbore é socia desta cooperativa de servizos de financiamento dende a fundación da sección territorial galega e ten feito uso dos seus servizos no 2015.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »