Arbore news, Novas

Árbore na Feira do CAT

Feira - mercados tradicioanis galegos

O día 11 de setembro de 2010 comeza en Vigo FEIRA, un Mercado de Productos Tradicionais Galegos que se desenvolverá todos os primeiros domingos de cada mes no Paseo de Alfonso.

Volve o horario normal, remata o horario de verán

A partir do mercores, día 1 de setembro e ate o martes 31 de maio de 2011, volveremos ao horario normal (remata o horario de verán):

  • Luns, martes, xoves e venres: 10.30 - 14.00 e 17.30 - 20.30
  • Mércores: 10.30 - 20.30
  • Sábado: 10.30 - 14.00

    (en negrita os trocos con respecto ao actual horario)

Obras en López Mora

A rúa López Mora está cortada por obras. No seguinte mapa presentamos tres alternativas para chegar a cooperativa no carro:

1. Dende a Rúa Ourense: A rúa Ourense baixa dende Hispanidade á nosa rúa, Pérez Bellas, polo que se vas por Hispanidade e logo baixas no cruce do supermercado Aquí, tes unha forma de chegar.

Ofertas de Setembro para socias

  • Aceite Casa Valbom, garrafa de 5 litros, un 20%, a 29,02 €.
  • Bebida de soia calcio Naturgreen a 1,60 €.
  • Toda a liña de viños, un 20% de desconto.
  • Liña de cosmética Dr. Hauscka, un 20% de desconto.
  • Conservas Amorodo, un 15%.
  • Algas galegas, un 20%.
  • Uva ecolóxica, un 25%.

*Ofertas só para socias da cooperativa. Descontos aplicados a pvp.

Sementeiro de outono

Prepara o sementeiro para o outono, dende Árbore presentamoste as variedades para esta época:

> COL REPOLO
> COL BRUSELAS
> COL LOMBARDA
> COLIFLOR
> BROCOLI
> PORRO
> LEITUGA RIZADA E FOLLA DE CARBALLO
> RABANO
> CENORIA
> REMOLACHA DE MESA
> NABO BRANCO
> ESPIÑACAS
> ESCAROLA
> FABAS ECOLÓXICAS
> ERVILLAS, ENANAS, DE ENRRAME, TIRABEQUE

O prezo de cada sobre é de 2 €, coa garantía de que xerminen (loxicamente seguindo as "instruccións básicas" para que así o faga)

Sojamatic: bebidas vexetais a un bo prezo

Sojamatic: máquina de bebidas vexetais

Aproveita para mercar a Sojamatic cun 20% de desconto a 116,25 €. (PVP de 155 €)

* Oferta só para socias da cooperativa, unha unidade por socia

Tomate ecolóxico a 1,37 €

Aproveita o prezo do tomate ecolóxico a 1,37 € o quilo, o tomate de segunda (un pouco máis pequeno ou con certa inestabilidade estética, é dicir, un pouquiño máis feiño).
Aproveita tamén o prezo dos pexegos ecolóxicos, temólos a 2,28 € o quilo.

Tomate na planta

 

Novos libros na biblioteca da cooperativa

A partir da seman (día 12 de agosto) que ven poderás desfrutar de novos libros na biblioteca da cooperativa.

Son os seguintes:

  • Manual práctico del huerto ecológico
  • Biodinámica: guía práctica.
  • Huerto medicinal eoclógico.
  • Los cuidados naturales de los arboles.
  • Plantas que curan plantas.

    La fertilidad - libros de temática ecológica

Cestas ecolóxicas de froita e verdura

Presentamosvós dúas cestas de fresco para que escollades a mellor que se adapte as vosas necesidades. Só poderán apuntarse socias xa que a producción é moi limitada.

Antía, cesta aberta, por 24,50 €.

Jorge, cesta pechada, por 18,56 €.
________________________________________________________________________________________