Tapioca

Ingredientes: Fariña de mandioca ecolóxica.

Beneficios: Non é exactamente un cereal, se non a fariña dun tubérculo que se chama mandioca (yuca). Non ten glúte polo que é unha fariña excelente para celíacos. É nutritiva, enerxética e doada de dixerir, pódese empregar para elaborar biscoitos, tortas, caldos, sopas ou tamén permite comela de forma directa coma papiña, engadíndolle leite e un pouco de azucre ó gusto...etc.

A fariña de tapioca retén moita auga debido ó seu contido en mucílagos (fibra soluble), e é un gran emoliente (suavizante) e protector das mucosas dixestivas. Recoméndase en caso de acedez de estómago, gastrite, úlcera gastroduodenal e colite de todo tipo. Proporciona hidratos de carbono doadamente asimilables e apenas nada de graxas e proteinas, o cal contribúe a facilitar a función do fígado. É recomendable na convalecencia de enfermidades graves ou intervencións cirúrxicas e reiniciación de alimentación sólida despois dun periódo de xaxún.

 

proxecto fiare galiza