Taller para impulsar, renovar e ampliar a Rede de Economía Solidaria en Galicia

Convoca: REAS - Red de Redes de Economía Alternativa y Solidaria

Entidades convidadas:
- Entidades que apostan pola economía solidaria e que participan en Galicia en Reas, Coop57 e Fiare
- Outras entidades relacionadas co tema da economía solidaria e interesadas en impulsar a Rede

Sábado, 20 de Novembro de 2010
- Comezo:  17:00 horas
- Final:  20:30 horas
- Lugar: Centro Sociocultural de Fontiñas,  Rúa Berlín, s/n - Santiago de Compostela
- Mapa en Google

Programa do taller:

- Presentación das persoas participantes
- Que son as redes de economía solidaria e os resultados que están a acadar en cada territorio do Estado
- Que instrumentos estanse a crear: conceptos e características (mercado social, auditoría social, finanzas éticas, cultura libre, comunicación, ...)
- Exposición de como se esta a mover en Galicia a economía alternativa : facer unha pequena foto.
- Traballo por grupos: que obxectivos, intereses e propostas se poden desenvolver en común
- Constituir unha comisión de transición para preparar unha asemblea que constitúa a nova etapa de REAS Galicia.

Inscrición:

Para que cada persoa que asista teña información das entidades interesadas en participar no Taller,  envíase un formulario de inscrición sinxelo para preencher e que se enviará a todas as persoas inscritas con antelación.
- Formulario de inscrición ao taller

Documentos que se acompañan (na web de REAS):

- Presentación de REAS
- Bases consensuadas de pertenza a REAS
- Informe Reas: Economía Solidaria para a transformación social
- Estatutos de Reas Galicia

 

proxecto fiare galiza