A cooperativa MILHULLOA - www.milhulloa.es ,fainos unha SOLICITUDE DE APOIO, para que se sumen aquelas persoas e organizacións que así o consideren, enviando unha carta ao Ministro de Fomento, José Blanco López, solicitando a modificación do trazado do acceso a Palas de Rei da autovia Lugo-Compostela que ten previsto pasar á beira da súa leira.
A cooperativa MILHULLOA, como moitas sabedes, produce en ecolóxico, polo que lle suporía un importante prexuízo que pon en cuestión a cualificación obtida do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), ou cando menos, destinar parte do seu terreo en produción a espazo de seguridade.
Se queres apoiar a MILHULLOA, debedes enviar os seguintes DATOS e o ARQUIVO XUNTO ao enderezo secretaria.particular@fomento.es e de forma simultánea ao correo-e de MILHULLOA milhulloa@hotmail.com para que teñan constancia.
Asunto: Petición Milhulloa, S. Coop. Galega al Ministro de Fomento
Apoya la petición adjunta:
Nombre y apellidos:
DNI:
Lugar:
Organización, colectivo o entidad :
Lugar:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
peticion_milhulloa.pdf | 1 byte |