A soia

A semente da soia é posiblemente o alimento con maior contido en proteinas, vitaminas e minerais. Ademáis contén valiosos elementos fitoquimicos. A súa extraordinaria capacidade para nutrir e previr enfermidades comprendese meior ó coñecer a súa composición:

Proteinas: É o alimento máis rico en proteinas que nos ofrece a natureza, son proteinas de calidade que satisfacen as necesidades de aminoácidos do noso organismo. Contén unha proporción do importante aminoácido metionina. A súa calidade biolóxica é comparable á da carne. Con estas proteinas, a soia é ideal para suplementar a outros cereais coma o millo e o trigo. Experimentos realizados no instituto nacional de investigacions agronómicas francés, puso de manifesto cas proteinas da soia dixérense e absórbense coa mesma facilidade cas da leite de vaca.

Graxa: Por predominar os ácedos grasos insaturados, a graxa da soia contribue a reducir o nivel do colesterol.

Hidratos de carbono: Están formados por diversos oligosacáridos, sacarosa e unha pequena parte de almidón. Esto fai que sexa moi ben tolerada polos diabéticos.

Vitaminas:
100g de soia aportan máis da metade das necesidades diarias de vitamina B1 e B2 e en menor medida ten vitamina B6 e vitamina E.

Minerais:
Contén unha elevada concentración de minerais, en concreto ferro, 5 veces máis que a carne; é tamén moi rica en fósforo, magnesio e potasio.

Fibra:
A súa maior parte é soluble e contribue a regular o tránsito intestinal e a reducir o nivel do colesterol.

Sustancias non nutritivas: As isoflabonas débense a maior parte das propiedades terapéuticas da soia. As hormonas femeninas de orixe vexetal exercen unha acción similar a dos estróxenos, pero sen os seus efectos indeseables. Inducen ó aumento de mineralización ósea, protección ante a arteriosclerose e sensación de benestar. Os fitoesterois teñen o efecto de impedir a absorcións de colesterol. Os inhibidores das proteasas en doses baixas tal como atopamos na soia cociñada, exerce unha valiosa acción anticanceríxena. Por todo isto a soia regulariza o ciclo menstrual, alivia os síntomas menopáusicos, disminue o risco de cancro de mama e tamén o de próstata.

Por cada 100 gr:
Fibra: 9.30%
Minerais: 4.87%
Hidratos de Carbono: 20.90%
Graxa: 19.90%
Proteínas: 36.50%
Auga: 8.54%

1) SEMENTE COCIÑADA: Débese ter a remollo durante varias horas e despóis fervelas de 60 a 90 minutos.

2) FARIÑA: Misturada con fariña de trigo enriquece o seu valor nutritivo e produce unha masa apropiada para a bollería sen necesidade de engadir ovo.

3) PROTEINA DE SOIA: É ideal para preparar todo tipo de pratos sen carne.

4) BEBIDA DE SOIA: Sustitue ó leite de vaca inda que non ten case calcio nin vitamina B12.

5) TOFU: queixo de soia. Faise a partires de cuaxar a leite de sosi

 

proxecto fiare galiza