O factor de protección define o tempo que unha persoa pode estar exposta ao sol comparado a unha situación sen protección: Como sen protector non se recomenda quedar máis de dez minutos exposto ao sol (valor medio para España en función do tempo, horario, altitude,etc.), unha crema de factor 10 permitiría aprox. unha hora e media de exposición.
Desde sempre o factor de protección refírese á protección contra os raios UVB, que son os raios que causan as queimaduras directas (encarnamento da pel, etc.); mentres que os raios UVA teñen efectos máis profundos e contribúen ao envellecemento da pel.
Para os raios UVA, o "Estándar Australiano" que se utilizaba antes esixía que o produto absorbese o 90% destes raios, mentres que a nova Recomendación Europea pide unha relación entre os factores de protección UVB e UVA de 3:1.
Un protector de factor 30 ten que ter un factor de protección contra raios UVA de polo menos 10. Se non o logra, báixase o factor ata que se alcance a relación de 3:1. Alcanzar este nivel de protección, sobre todo en factores de protección altos, é complexo para os fabricantes de cosmética ecolóxica e, hoxe en día , só uns 15 fabricantes lógrano.
Entre os fabricantes que desistiron por faia de rendibilidade ou outros factores encontranse marcas tan prestixiosas como Dr. Hauschka ou Urthekram.
Eco cosmetics (marca que temos en Árbore) sí que o consigue e é das casas que propoñen os factores de protección máis altos (até 50+), e especialmente adaptados para nenos. As súas cremas solares ecolóxicas non teñen filtros sintéticos, só minerais. Eses filtros simplemente reflicten a luz e non teñen efectos hormonais, co cal, non se transmiten ao leite materno e teñen riscos alergénicos menores.
Como toda cosmética ecolóxica certificada Ecocert, non conteñen perfumes, conservantes ou colorantes sintéticos, nin ingredientes a base de petróleo, parabenos ou emulxentes PEG. Os seus valiosos aceites vexetais de oliva, macadamia, rosa mosqueta, jojoba, espino amarelo e a súa manteiga de karité e vitamina E de orixe vexetal protexen e coidan a pel perfectamente.