Saída a Campo Lameiro / 22 de Outubro

Bo díaEste correo é para informarte das actividades e eventos que levaremos a cabo en Bioconstruir, da man de Xulio Fernández Pazó.

O vindeiro domingo 22 de outubro percorreremos varios puntos de interese en Campo Lameiro  para seguir experimentando as diferentes posibilidades que nos dá o Sentir.

Ésta é unha actividade familiar, aberta e gratuita a todas aquelas persoas que teñan ánimo de compartir. A mesma está vinculada ao curso Patrones do Sentir. Non é necesario inscribirse.
ONDE E CANDO?

Campo de Matabois. Concello de Campo Lameiro.

ligazón google maps: https://goo.gl/maps/XvoS84w16NQ2
42.542121, -8.505918
42°32'31.6"N 8°30'21.3"W

DOMINGO 22 de outubro, 9:30am

PARA QUÉ?

Ás  9:30 comezaremos cunha sesión de Chi Kung Wubaomen. Se te atrasas e ao chegar xa comezamos, incorpórate en silencio.

Logo continuaremos coa visita ao complexo arqueolóxico do Campo de Matabois.

Se o tempo acompaña, xantaremos alí, ou nun lugar preto, todos xuntos. Así  que traervos a vosa comida.

QUE NECESITAS?

Ropa adecuada, estaremos ao aire libre sen realizar exercicio.

Calzado e roupa cómoda.

Comida e bebida.

Agradécese que compartades esta información con aquelas persoas que creades poidan estar interesadas.

Quedamos a túa disposición para resolver calquera dúbida.
 
Saúdos,
Dolores Tobío Sueiro

 

proxecto fiare galiza