Neste acto contaremos:
- co noso compañeiro Rubén e tamén con Ana e Óscar, que acodiron ao campo de Ritsona a prestar a súa axuda a nivel particular.
- Conchi, da organización “Solidaridad con Ritsona” explicaranos cal é a súa labor dentro do campo e cómo está a situación actualmente.
- Cristian López, xornalista coautor do libro “a ruta dos refuxiados” daranos a visión d@s xornalistas, fundamentais para a difusión desta situación inhumana.
• Estará presente “A Rede Galega de apoio ás Persoas Refuxiadas” recollendo sinaturas para promover a acollida inmediata. Tamén poderás coñecer esta campaña.
Con este acto tocamos iniciativas moi diversas de activismo para facer fronte á inxustiza e barbarie que está a acontecer en Grecia. Pedimos que te achegues a apoiar este acto e tamén, propoñerche que no día 18/03 e o seguinte 19/03, fagamos un ingreso na conta que nos facilitará “Solidaridad con Ritsona” no acto. Anímate a participar no acto e colaborar con este proxecto!!
Unha aperta!
A Comisión Social