Roteiro de recoñecemento de plantas e froitos comestibles / Zamáns, 15 de Outubro

Boas, o pasado mes de Febreiro, Cesar Lema presentou no local da nosa cooperativa o libro "Usos de 113 prantas silvestres".

O vindeiro 15 de outubro ás 11 da mañá poderemos acompañar a Cesar nun paseo de recoñecemento de prantas e froitos silvestres comestibles. O punto de encontro é o parque forestal de Zamáns (pódese chegar en bus coa líña C7). Enlace do punto de encontro.

Non é precisa inscrición previa e para solventar calquera dúbida podedes escribir a david@arbore.org.

Un saúdo!

 

proxecto fiare galiza