A remolacha

A súa propiedade mais destacada é o seu poder antianémico. O seu contido en ferro (1.80/100gr) e en vit.C, que favorece a absorción deste mineral son mais ben modestos, e non explican por si sos a notable acción antianémica da remolacha. Probablemente sexa algún dos seus compoñentes, non ben identificado aínda, o que actúa estimulando a hematopoyesis (produción de células sanguíneas na medula ósea).
Conteñen tamén elementos fitoquímicos en investigación, cos cales atribúeselle acción anticanceríxena.
   

Por cada 100 gr:
Fibra- 2.80%
Minerais- 1.08%
Hidratos de carbono- 6.76%
Graxa- 0.170%
Proteinas- 1.61%
Auga- 87.6%

1) ZUME FRESCO: O seu sabor non é moi agradable, polo que se recomenda mesturalo con outros zumes ou endulzalo con mel. Para evitar que resulte indixesto non se debe tomar mais de 50 ou 100 ml cada vez.

2) RAIADA O CRÚA: Aderézase con aceite e limón.

3) FERVIDA: Sometida a coción é como resulta mais dixerible. Debe ferver polo menos durante unha hora. Para pelela facilmente mergúllase en auga fria, cando está aínda quente.

 

proxecto fiare galiza