Redeseño do Oriente Medio / Charla-Coloquio 26 Xuño / Librería Andel

[Información enviada pola organización]
 
Desde Mar de Lumes temos o pracer de convidarte á conferencia que celebraremos esta vindeira sexta-feira e que trataremos a situación actual no Oriente Medio.
Charla coloquio introducida por José Emílio Vicente  (profesor de Historia), que versará sobre a ofensiva imperialista e redeseño da Asia Sul-Occidental, así como dos principais axentes dos numerosos conflitos que someten hoxe esta área a unha situación de guerra case total, a comezar polo auto-denominado "Estado Islámico". Organiza Mar de Lumes. Sexta-feira ás 20:00 na Andel Libraría
 
Recibe un cordial saudo

 

proxecto fiare galiza