Recomendacións sobre o tratamento dos graneis ecolóxicos

Dende Árbore queremos facer unha serie de recomendación para o tratamento do granel ecolóxico, a hora de gardalo na casa. Poñemos énfase nas recomendacións sobre todo no verán, un período especialmente sensible a eclosión do becho, debido principalmente a condicións de temperatura e humidade:

1. Coller pequenas cantidades do producto que se desexe. O mellor é sempre coller non máis de medio quilo e consumilo no período máis breve posible.

2. Introducir en bote herméticos. É mellor en botes herméticos que en botes convencionais.

3. Introducir na neveira. Sempre que se poida e un método moi efectivo para manter o granel sano.

4. Podese conxelar/desconxelar nun período de 48 horas para a eliminación total de calquera tipo de vida extraña, principalmente ovas.

5. Introducir nos botes herméticos un par de dentes de allo ou follas de loureiro.

6. Lava-los botes entre o remate dun granel e a sustitución por outro novo. É posible que as ovas estén "latentes" ate que se den as condicións axeitadas para nacer, polo tanto lavar ben os bote impide que isto suceda.

7. Mercar trampas de feromonas. Podes pedilas na cooperativa. No caso de ter praga as trampas son moi efectivas xa que nun período curto de tempo acaba por liquidar tódolos machos e polo tanto cortanse os procesos reproductivos.

8. Ademáis antes da preparación no caso do granel, se fose posible, deixar a remollo polo menos 1 hora e trocar a auga un par de veces, removendo en ambas ocasións (se houbese vida flotaría e no caso das ovas vanse coa auga usada que se desbota.

9. Eliminación manual. Nos meses de máis calor botarlle un ollo a despensa tódolos dias non leva tempo e pode ser moi efectivo.

 

proxecto fiare galiza