Reciclado de aceite

Nova iniciativa de autoemprego e reciclaxe a pequena escala

A continuación facémosnos eco dunha nova iniciativa á que vos podedes sumar como "donantes de aceite" ou como emprendedores. 

Para ambos fins, falade con José Miguel; o seu nº de teléfono está ó final desta nova:

 

RECICLADOS DE ACEITES DOMÉSTICOS LOS GRANADINOS”

 

Habitualmente, o aceite doméstico que desbotamos ten como destino o desagüe da cociña ou o inodoro, pero co tratamento adecuado, dito aceite podería terminar convertíndose en xabóns, fertilizantes, etc,...

 

En todos os fogares xenéranse diariamente restos de aceites vexetais. Segundo datos oficiais dous tercios dese aceite termina en alcantarillas, encarecendo e complicando o tratamento das augas residuais, ou nos ríos coa contaminación que implica este feito.

 

Conscentes deste problema un grupo de persoas decidimos buscar solucións ó alcance de todos. Foi así como naceu “Reciclados de aceites domésticos Los Granadinos”.

 

No mundo actual, cada vez máis preocupado polo serio desgaste que ven sufrindo o medio ambiente, pretendemos lanzar novas propostas ó alcance de todos, co obxectivo de poñer o noso grao de area, na tarefa diaria de ser cuidadoso coa terra que herdamos.

 

Reciclados de aceites domésticos Los Granadinos” ofrece un servizo a domicilio de recollida dos residuos de aceite, que sobra nos fogares e negocios de Vigo. Un servizo sinxelo, cómodo e serio polo cal nos comprometemos a retirar inmediatamente os restos de aceites que terminarían desbotándose sen remedio. E todo, como non podía ser doutra maneira, de xeito absolutamente gratuito.

 

Reciclados de aceites domésticos Los Granadinos” comprométese a dar un fin adecuado a dito aceite, sempre na industria do reciclaxe, co fin de reutilizalo para a elaboración de xabóns caseiros, deterxentes, etc,...

 

Reciclados de aceites domésticos Los Granadinos” ofrece os seus servizos de recollida gratuita de aceites, a todos os fogares e negocios de Vigo, que poderán así evitarse os costes e molestias de desbotar tales sustancias. E todo dun xeito limpo, cuidadoso e ante todo ecolóxico.

 

Reciclados de aceites domésticos Los Granadinos” naceu cun fin absolutamente comprometido co medio ambiente, así como co propósito de demostrar que é posible a creación de novos postos de traballo para as/os desempregadas/os de Vigo, en sectores económicos respetuosos coa natureza e coa sostenibilidade.

 

Por todo iso, desde “Reciclados de aceites domésticos Los Granadinos”, poñémosnos a vosa disposición e nos comprometemos a ofrecer un servizo profesional e gratuito.

 

Forma de contacto: José Miguel Carmona Heredia, Promotor de “Reciclados de aceites domésticos Los Granadinos”: Tlf.: 625 746 718.

 

proxecto fiare galiza